Moeda de 20 francos Galo

20 francos Galo [1][2]
A/: cabeza de perfil de Marianne cara ña dereita, con barrete frixio e coroa de pólas de carballo

Lenda: REPUBLIQUE FRANÇAISE·

R/: galo altivo camiñando cara á esquerda sobre a terra con herba e flores. Valor facial (20 FCS). Data.

Lenda: LIBERTE · EGALITE · FRATERNITE·

A moeda de 20 francos Galo é unha moeda de ouro co valor facial de 20 francos franceses emitida entre 1899 e 1914 pola Monnaie de Paris, caracterizada por amosar a cabeza de Marianne no anverso e o símbolo nacional francés do galo no reverso.[1]

O deseñador e gravador de ambas as faces da moeda foi o escultor e medallista francés Jules Clément Chaplain.[1]

Moeda circulante editar

Existen dous tipos desta moeda, caracterizados pola lenda inscrita no seu canto. Nas pezas emitidas entre 1899 e 1906, a lenda é DIEU PROTÈGE LA FRANCE.[1] Pola súa banda, as cuñadas entre 1907 e 1914 levan a inscrición LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ , propia así mesmo dos reversos das moedas de ambos os tipos.[2]

Tiraxes editar

A tiraxe total das moedas de 20 francos Galo do primeiro tipo foi de 43.034.473 exemplares[1]. Do segundo tipo emitíronse 74.414.415 pezas.[2]

Tipo 1
Data Exemplares
1899 1.500.000
1900 615.425
1901 2.643.359
1902 2.393.707
1903 4.405.175
1904 7.705.674
1905 9.158.132
1906 14.613.010
Tipo 2
Data Exemplares
1907 17.715.935
1908 6.721.325
1909 9.636.955
1910 5.779.072
1911 5.346.044
1912 10.331.805
1913 12.163.138
1914 6.720.141

Recuñaxes oficiais editar

O Estado francés levou a cabo, inicialmente en 1921 e posteriormente entre 1951 e 1960, unhas cuñaxes na Monnaie de Paris de novas moedas de 20 francos Galo idénticas ás das datas anteriores e a partir dos seus cuños orixinais, cando as moedas xa estaban desmonetizadas. O obxectivo era reconstituír as reservas de ouro en forma de moedas e influír no prezo do ouro cando se restableceu a súa venda pública despois da primeira guerra mundial, aumentando a oferta.[3][4]

A operación de 1921 está mal documentada, aínda que parece que só acadou 202.359 unidades. Levouse a cabo cando o franco "xerminal" aínda era oficialmente a unidade de conta do país, pero o ouro e a prata atesouráronse e a cotización do franco fundiuse fronte ao dólar, que chegou a quintuplicar o seu valor anterior a 1914.[2][3][4]

Pola contra, a recuñaxe iniciada a partir de xuño de 1951 —coñecida como Pinay, polo apelido do político francés— totalizou 37.483.500 unidades de pezas coas datas entre 1907 e 1914. Esta gran cantidade pesou no mercado internacional. En maio de 1952 emitiuse un bono do Estado ao 3 % indexado ao tipo oficial do "napoleón". Estas recuñaxes dos anos 50 consistiron en millóns de moedas destinadas a deprimir o prezo do ouro en caso de que os investidores e os aforradores as comprasen, coa fin de reducir a taxa de endebedamento público.[2][3][4]

Aínda que se cuñaron cos cuños orixinais, o aspecto das recuñaxes é lixeiramente diferente: ademais de estaren en magníficas condicións de conservación —dado que non circularon—, están cuñadas nun ouro máis avermellado,[2][4] cunha lei do 900,39 ‰, fronte ao 902,63 ‰, das cuñaxes orixinais.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar