Modesto Freire Fernández

guerrilleiro antifranquista galego

Modesto Freire Fernández, coñecido como Hijo de las Pepitas, nado en Ortigueira cara a 1909 e finado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942, foi un carpinteiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaModesto Freire Fernández
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Integrouse no grupo de Manuel Freire García. Acusado de participar no asasinato de Andrés Couce Sabio e de varios atracos, foi detido pola Garda Civil de Cedeira a finais de abril de 1941 co enlace Manuel Bello Vidal.[1] Xulgado en consello de guerra xunto con Manuel Freire García, foron condenados a morte. Foron executados en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942.[2][3]

Notas editar

  1. El Compostelano, 28-4-1941, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 6-1-1942, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 6-1-1942, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar