Modelo evolutivo r/K

O modelo evolutivo r/K é unha teoría que explica que a evolución da estratexia de reprodución das especies está ligada ás flutuacións do ambiente.

As estratexias demográficas de reprodución.

Foi proposta polos ecólogos Robert MacArthur e E. O. Wilson en 1967, a partir dos seus traballos sobre a bioxeografía insular, que se fixeron clásicos e deron lugar ao nacemento dos conceptos de especie con estratexia r e especie con estratexia K (por convención, utilízase exclusivamente un r minúsculo e un K maiúsculo).

É unha variante máis complexa do clásico modelo loxístico proposto por Pierre François Verhulst, e permite introducir o impacto da evolución do ambiente na dinámica de poboación utilizando dous parámetros («r» e «K») en lugar dun só.

Comprende dúas estratexias típicas¨:

  • a estratexia r, baseada na produción dun gran número e descendentes no menor tempo posíbel e implica unha mortalidade moi elevada. É unha adaptación aos medios inestábeis e imprevisíbeis como, por exemplo, no caso dos microorganismos que están sometidos a este tipo de condiciáns a causa do seu tamaño.
  • a estratexia K, baseada nunha duración da vica máis longa e dunha reprodución máis escasa e tardía.

Selección r editar

 
As ras son un exemplo de selección r.

A selección r ou estratexia do r (de reprodución) a aquelas estratexias que son propias das especies que teñen moitas crías, ás que prodigan poucos coidados, polo que poucas delas sobreviven (a taxa de mortalidade perinatal é moi alta) e sofren grandes descensos da poboación en épocas desfavorábeis, polo cal estas poboacións teñen grandes oscilacións.

Adoitan seren especies adaptadas a colonizar medios virxes ou inestábeis, son de pequeno tamaño, de vida media moi curta e idade reprodutora temperá. Son especies oportunistas que basean a súa dinámica na súa reprodución alta, empregando toda a súa enerxía nun crecemento de poboación continuo. Os seus hábitats son inestábeis, polo que a súa migración é alta.[1]

Características editar

 
Calluna vulgaris, unha especie vexetal con estratexia do r.

As principais características das especies de estratexia r son:

  • Curta duración da vida
  • Crecemento rápido
  • Tamaño reducido
  • Madurez sexual precoz
  • Poucos (ou nulos) coidados parentais
  • Abundante descendencia
  • Réxime alimentario amplo (eurífagos)
  • Lonxevidade débil
  • Importantes flutuacións das poboacións
  • Poboacións non reguladas, ou debilmente reguladas, pola densidade da mesma
  • Enerxía dedicada principalmente á reprodución
  • Débil politipismo

Xeralmente estas especies son substituídas pronto por especies con estratexia K, aínda que existen mecanismos que permiten a perennización de biótopos dominados polas especies de estratexia r, denominados de bloqueo. Estes poden seren autoxénicos como, por exemplo, nas landas atlánticas de Calluna (queiroas), nas que as plántulas das especies de estratexia K non conseguen implantarse, ou ben aloxénicas, por exemplo de orixe antropoxénica (humana) nos cultivos.[2]

Selección K editar

 
Moitas especies de arañas ocúpanse activamente dos ovos e das crías.

A selección K ou estratexia K é unha estratexia de desenvolvemento das poboacións dos seres vivos adoptada polos animais ou os vexetais cuxas condicións de vida son previsíbeis, con aprovisionamentos regulares de recursos e suxeitos a riscos débiles.

Os animais invisten gran parte da súa enerxía na supervivencia das súas crías. A fecundidade é, por tanto, restrinxida, e pódense ver frecuentemente as adaptaciós fisiolóxicas entre os adultos para mellorar o desenvolvemento das crías. (por exemplo, as bolsas dos marsupiais), e as adaptacións comportamentais (por exemplo, das de animais que viven en parellas fieis apa asegurar a surpervivemcia da descendencia, como en algumnhas aves). As poboacións destas especies presentan poucos individuos xuvenís, pero moitos adultos, contrariamente ás especies con estratexia r.

Características editar

As principais características das especies con estratexia K son:

  • Longa duración da vida
  • Animais de gran tamaño
  • Maduración sexual tardía
  • Coidados parentais ás crías

Notas editar

  1. MacArthur, R. e Wilson, E. O. (2001): The Theory of Island Biogeography. Princeton University Press. ISBN 0-691-08836-5.
  2. Pianka, E. R. (1970): "On r and K selection". American Naturalist 104: 592-597.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • MacArthur, R. e E. O. Wilson (1967): The Theory of Island Biogeography. Princeton University Press (reedición en 2001), ISBN 0-691-08836-5.
  • Pianka, E. R. (1970): "On r and K selection". American Naturalist 104: 592-597.
  • Verhulst, Pierre F. (1838): "Notice sur la loi que la population poursuit dans son accroissement". Corresp. Math. Phys. 10: 113-121.