Mira Nair
Mira Nair, nada en Rourkela (Odisha) o 15 de outubro de 1957 é unha cineasta india establecida en Nova York.[1] A súa produtora, Mirabai Films, está especializada en filmes para o público internacional sobre a sociedade india, no ámbito económico, social ou cultural. Entre os filmes máis coñecidos están Mississippi Masala, Kama Sutra: A Tale of Love, The Namesake, o gañador do León de Ouro Monsoon Wedding e Salaam Bombay!, que recibiu candidaturas aos premios da BAFTA e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1957 (67 anos) Rourkela (India) |
Residencia | Nova York |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade Harvard Universidade de Delhi Miranda House (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, guionista, realizadora, produtora, directora de cinema, produtor |
Período de actividade | 1979 - |
Empregador | Universidade Columbia |
Participou en | |
1988 | 1988 Cannes Film Festival (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mahmood Mamdani (1991–) Mitch Epstein (–1987) |
Fillos | Zohran Mamdani () Mahmood Mamdani |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, African Film Festival, Inc. (en) , Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) |
|
Traxectoria
editarNair naceu en 1957 en Rourkela, e creceu cos seus pais e os seus dous irmáns máis vellos en Bhubaneswar, Odisha.[2] O seu pai, Amrit Nair, é administrativo e a súa nai, Parveen Nayyar, traballadora social que adoita traballar con nenos.[3] Aos once anos, Nair e a súa familia mudáronse a Delhi debido a un cambio de posto do seu pai. Aos trece deixou o seu fogar para asistir ao Loreto Convent Tara Hall, escola misioneira irlandesa católica situada en Shimla, onde desenvolveu unha paixón pola literatura inglesa. Despois de Tara Hall, continuou os seus estudos na Universidade de Delhi, onde se licenciou en socioloxía. Para ampliar a súa educación, Nair solicitou o ingreso en escolas occidentais e aos dezanove anos ofrecéronlle unha bolsa completa na Universidade de Cambridge, mais finalmente rexeitouna e no seu lugar aceptou unha bolsa completa na Universidade Harvard.[4]
Antes de converterse en cineasta, Nair estaba interesada na interpretación, e nun momento actuou en obras escritas polo bengalí Badal Sarkar. Mentres estudaba en Harvard, involucrouse no programa de teatro e gañou un premio Boylston Prize pola súa interpretación da discurso de Iocasta en Oedipus, de Séneca.[2]
No comezo da súa carreira como directora, Nair realizou documentais en que exploraba a tradición cultural india. Para o seu filme de tese en Harvard entre 1978 e 1979 produciu un filme en branco e negro titulado Jama Masjid Street Journal. No filme, de dezaoito minutos percorre as rúas da vella Delhi e ten conversas casuais con xente do lugar.[4]
En 1983 coa súa amiga Sooni Taraporevala, Nair coescribiu Salaam Bombay!. Empregando a súa técnica de documentais e experiencia interpretativa, procurou auténticos nenos da rúa ao retrato das vidas duns rapaces que sobreviven nas rúas e son privados dunha infancia real.[2] Aínda que o filme non foi un éxito, gañou vinte e tres premios internacionais, incluída a Camera D’or e o Prix du Public no Festival de Cannes de 1988. Salaam Bombay! foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 1989.[5]
Vida privada
editarEn 1977, Nair coñeceu o seu primeiro esposo, Mitch Epstein, cando tomaba clases de fotografía na Universidade Harvard.[2] Divorciáronse en 1987, e en 1988 coñeceu o seu segundo marido, Mahmood Mamdani, mentres facía investigacións en Uganda para o filme Mississippi Masala. O seu fillo Zohran naceu en 1991. Como a súa esposa, Mamdani tamén da clases na universidade de Columbia.[3]
Nair foi unha entusiasta do ioga durante décadas. Cando fai un filme, o equipo comeza o día cunha sesión de ioga.[6]
Opinións políticas
editarEn xullo de 2003, Nair declinou a invitación ao Festival Internacional de Cinema de Haifa como "invitada de honra" para protestar polas políticas de Israel cara a Palestina. En publicacións na súa conta de Twitter, Nair afirmou "irei a Israel cando os muros caian. Irei a Israel cando a ocupación pase... Irei a Israel cando o estado non privilexie unha relixión sobre outra. Irei a Israel cando o Apartheid acabe. Irei a Israel, pronto. Eu apoio a Palestina polo boicot académico e cultural a Israel (PACBI) e o movemento máis grande Boicot, Desinvestimento, Sancións.[7] Nair foi posteriormente eloxiada pola PACBI, que indicou que a súa decisión de boicotear Israel "axuda á destacar a loita contra o colonialismo e o apartheid".[8] A continuación chiou "Irei a Israel, pronto".[9][10][11][12][13][14]
Filmografía
editar- Jama Street Masjid Journal (1979)
- So Far From India (1982)
- India Cabaret (1985)
- Children of a Desired Sex (1987)
- Salaam Bombay! (1988)[15]
- Mississippi Masala (1991)[15]
- The Day the Mercedes Became a Hat (1993)
- The Perez Family (1995)[15]
- Kama Sutra: A Tale of Love (1996)[15]
- My Own Country (1998) (Showtime)
- Monsoon Wedding (2001)[15]
- Hysterical Blindness (2002)
- 11'9"01 September 11 (episodio "India") (2002)
- Still, The Children are Here (2003)
- Vanity Fair (2004)[15]
- The Namesake (2006)[15]
- Migration.. (2007)[16]
- New York, I Love You (episodio "Kosher Vegetarian") (2008)[17]
- 8 (episodio "How can it be?") (2008)[18]
- Amelia (2009)[15]
- The Reluctant Fundamentalist (2012)
- Words With Gods (2014)
- Queen of Katwe (2016)
Notas
editar- ↑ Spelling, Ian (1 de setembro de 2004). "Director likes to do her own thing". Waterloo Region Record. pp. C4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Muir, John Kenneth (1 de xuño de 2006). Mercy In Her Eyes: The Films of Mira Nair. Applause Theater & Cinema Books. ISBN 1557836493.
- ↑ 3,0 3,1 "Mira Nair". Encyclopedia of World Biography. Encyclopedia of World Biography. Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 Blenski, Simon; Debreyne, Adrien Maurice; Hegewisch, Martha Eugina; Trivedi, Avani Anant. "Mira Nair". University of Minnesota. University of Minnesota. Consultado o 30 de abril de 2015.
- ↑ Crossette, Barabara (23 de decembro de 1990). "Homeless and Hungry Youths of India". The New York Times. Consultado o 13 de outubro de 2008.
- ↑ Dupont, Joan (21 de setembro de 2001). "Mira Nair Peels Back Layers Of Punjabi Society". International Herald Tribune. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2009. Consultado o 08 de maio de 2019.
- ↑ No orixinal, "I will go to Israel when the walls come down. I will go to Israel when occupation is gone...I will go to Israel when the state does not privilege one religion over another. I will go to Israel when Apartheid is over. I will go to Israel, soon. I stand w/ Palestine for the Academic and Cultural Boycott of Israel (PACBI) & the larger Boycott, Divestment, Sanctions (BDS) Mov’t".
- ↑ No orixinal, "helps to highlight the struggle against colonialism and apartheid".
- ↑ "Film director Mira Nair boycotting Haifa festival". Jewish Telegraphic Agency. 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Mira Nair turns down invite to Israel film festival". The Times of India. Press Trust of India (PTI). 23 de xullo de 2013.
- ↑ Sherwood, Harriet (21 de xullo de 2013). "Mira Nair boycotts Haifa film festival". The Guardian.
- ↑ Anderman, Nirit (21 de xullo de 2013). "Prominent filmmaker boycotts Haifa festival to protest Israeli 'apartheid'". Haaretz.
- ↑ "Mira Nair boycotts Israel Film Festival in Palestine's support". The Express Tribune. 20 de xullo de 2013.
- ↑ "Award-winning director boycotts Haifa Film Festival to protest 'Apartheid'". The Jerusalem Post. 21 de xullo de 2013.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 "Mira Nair's works to be screened at IFFI 2010". NDTV. Press Trust of India. 25 de novembro de 2010. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ "Mira can't wait to start Shantaram". Rediff. 29 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ Vashi, Ashish (1 de novembro de 2009). "Hollywood says ILU to Gujarati". The Times of India. Times News Network (TNN). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ Gandert, Sean (22 de outubro de 2009). "Salute Your Shorts: Mira Nair's Short Films". Paste Magazine. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2010. Consultado o 25 de novembro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mira Nair |
Bibliografía
editar- Jigna Desai: Beyond Bollywood: The cultural politics of South Asian diasporic film. Nova York: Routledge, 2004, 280 pp. ill. ISBN 0-415-96684-1 (inb.) / ISBN 0-415-96685-X (hft.)
- Gita Rajan: Pliant and compliant: colonial Indian art and postcolonial cinema. Women. Oxford, ISSN 0957-4042 ; 13(2002):1, pp. 48–69.
- Alpana Sharma: Body matters: the politics of provocation in Mira Nair's films. QRFV : Quarterly review of film and video, ISSN 1050-9208 ; 18(2001):1, pp. 91–103.
- Pratibha Parmar: Mira Nair: filmmaking in the streets of Bombay. Spare rib, ISSN 0306-7971; 198, 1989, páx. 28–29.
- Gwendolyn Audrey Foster: Women Filmmakers of the African and Asian Diaspora: Decolonizing the Gaze, Locating Subjectivity. Carbondale, Ill. : Southern Illinois University Press, 1997. ISBN 0-8093-2120-3
- John Kenneth Muir: Mercy in Her Eyes: The Films of Mira Nair. Hal Leonard, 2006. ISBN 1-55783-649-3, ISBN 978-1-55783-649-6.
Ligazóns externas
editar- Mira Nair Bibliography (via UC Media Resources Center Berkeley)
- SAWNET biography
- Biography
- Maisha Film Lab in Kampala, Uganda
- Video Interview on LX.TV
- A Conversation with Mira Nair - Harvard @ Home program
- Profile of Mira Nair - on MirabaiFilms.com
- Video interview with The Namesake director on Sidewalks Entertainment
- Video: Mira Nair at the Asia Society, 10 Dec 2009
- Mira Nair: A Life in Pictures, BAFTA event video
- The Fabulous Picture Show (part 1, part 2) - Master Class with Mira Nair at the Doha film festival, Al Jazeera English, Dec 2009