Miguel Tranquilo

guitarrista galego

Miguel Varela Suárez, chamado O Tranquilo polos compañeiros de profesión xa que non se puña nervioso,[1] nado en Ferrol en 1945 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1998, foi un guitarrista e compositor galego.

Infotaula de personaMiguel Tranquilo
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMiguel Tranquilo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Manuela

Traxectoria editar

En 1961 fundou o grupo de rock The Silver Dragons. Máis tarde entrou a formar parte de The Wryders, mentres dirixía varias rondallas na súa cidade natal. Posteriormente, en 1965 cofundou con Ramón Miranda, Alfredo Mella e José Vázquez o grupo Los Sprinters, conxunto de referencia do pop dos anos sesenta en Ferrol[2]. Con Los Sprinters participou máis adiante (1971) na película La red de mi canción[3], dirixida por Mariano Ozores, e interpretada por Concha Velasco ou Antonio Ozores, onde actuou ao lado de Andrés do Barro.

Posteriormente entrou a formar parte de Los Tamara durante os últimos anos de Pucho Boedo. A finais dos anos setenta e comezos dos oitenta formou un grupo con Miguel Corral co que interpretou repertorio arxentino e chileno. A partir de 1974 fixo carreira musical en común coa súa muller, a súa antiga alumna de guitarra e cantante ferrolá María Manuela con quen gravaría un total de oito discos.

A súa primeira composición publicada foi El Tablao, durante a súa estancia nos Sprinters, co pseudónimo M.Pache[2], artigo de Antonio Castro, autopublicado en Scribd.</ref>, alcume que seguiría empregando ao longo da súa traxectoria cos Sprinters. Tamén musicou poemas de Manuel María, como Manual para deprender a señorito e Idioma Meu, e poemas de Ana Caxiao, que era a principal letrista do dúo. Foi tamén director do grupo Ledicia do colexio Manuel Masdías de Caranza, onde compuxo tamén diversas cancións infantís, con letra de seu, de Ánxela Loureiro ou de Ana Caxiao. Tamén deu clase de guitarra no colexio Santa Juana de Lestonnac de Ferrol e no colexio Compañía de María de Ferrol, no club de xubilados de Caixa Galicia, ademais de dirixir a Coral Polifónica Amistad do Couto.

No ano 1994, xa afectado dunha enfermidade dexenerativa, recibiu unha homenaxe titulada "Tranquilo Miguel, estás en Ferrol" onde participaron diversos artistas.

Discografía editar

Con Los Sprinters editar

Con Manuela e Miguel editar

  • 1974 Pedrochosco (Single, Polydor)
  • 1975 Cantigas ao meu xeitoP (LP, Polydor)
  • 1977 Idioma Meu (LP, Zafiro-Novola)
  • 1977 Panxoliñas (LP, Zafiro-Novola)
  • 1979 Cantigas para nenos e neneiros (LP, Abrente)
  • 1982 Erguerémo-a esperanza (LP, Ruada).
  • 1989 Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro" (colaboración coa cantiga "A Mulata Coromoto") - (LP, Sons Galiza)
  • 1990 Barco na alba, (LP, Sons Galiza, remasterizado en CD)
  • 1991 Imos Cantar Xuntos (LP-Fita, gravado en Sons Galiza e editado por Ed. Xerais)

Notas editar

  1. Páxina de María Manuela[Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 Los Sprinters, artigo de Antonio Castro, autopublicado en Scribd.
  3. La red de mi canción, ficha en IMDB.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar