Caranza, Ferrol
Caranza é un barrio de Ferrol situado no alfoz da cidade, a rentes do mar. Ten a súa orixe no ano 1970 cando o Ministerio da Vivenda franquista ordenou a súa construción no couto de Caranza coa idea de que servise de aloxamento ás familias expulsadas mediante expropiación do antigo barrio de Esteiro, que foi demolido en 1974 polos planos urbanísticos. O novo barrio foi inaugurado o 22 de agosto de 1972 coa práctica totalidade das edificacións finalizadas. A entrega das novas vivendas, xa rematadas, viuse sometida a un escandaloso atraso, obrigando a maior parte das familias (de orixe obreira e humilde) a malvivir en barracóns durante máis de tres anos. No ano 1977 nunha acción espontánea e non organizada as casas comezan a ser ocupadas pola forza, sen maior oposición por parte das autoridades.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Ferrol ![]() | |||
Historia
editarCaranza constituía parroquia de seu, e está documentada xa no século IX como Santa María de Carancia. En 1940, ao ser anexado o concello de Serantes polo de Ferrol, pasou a ser parroquia rural de Ferrol[1] e dende os anos setenta, coa construción do polígono residencial, en distrito da cidade.
O barrio, axiña convertido nun enclave-dormitorio para os obreiros da cidade, sufriu relativos abandonos por parte do poder municipal, configurándose cada vez máis a súa situación marxinal, e pasando a dotarse de moitas infraestruturas e actividades por iniciativa propia dos veciños, especialmente no ámbito deportivo. Iso tamén contribuíu a forxar parte da conciencia de barrio e do orgullo dos seus habitantes.
Na década de 1980 sufriu dun xeito especialmente intenso as consecuencias da crise naval, pasando a albergar unha boa parte dos novos parados ou afectados polas reconversións navais. A isto hai que sumarlle o impacto da heroína na súa mocidade, que o converteu durante boa parte dos anos oitenta nun dos lugares máis deprimidos, marxinados e violentos de Galiza, afectándolle tamén a consecuente caída demográfica conforme ían pasando os anos.[2]
Un grupo de persoas da veciñanza, profesionais e do mundo da política ferrolana comezaron en 1985 a súa loita particular, creando a primeira Asociación Ferrolán de Drogodependencias (ASFEDRO).[2]Na súa traxectoria, a asociación foi recoñecida en varias ocasións[3] e tras 25 anos de loitas contra a drogadición na comarca, o seu traballo foi recoñecido no ano 2010 co Premio Ferrolán do Ano, coa unanimidade do concello.[4]ASFEDRO foi declarada entidade de utilidade pública pola Xunta de Galicia en 2019.[5]
En 1987 a Asociación de Veciños impulsou o Plan de Desarrollo Comunitario Barrio de Caranza centrado en superar os problemas relacionados coa drogodependencia,[6]con actuacións sociocomunitarias e educativas abertas a toda a poboación. Foi o primeiro dos plans comunitarios galegos, que rematou unha vez que se acadaron os obxectivos do mesmo.[7]Este plan comunitario involucrou a todo o barrio e valéulles o Premio Reina Sofía ao traballo social, en 1990.
O barrio de Caranza tivo fama de ser un dos barrios menos seguros de toda Galiza pola grande concentración de colectivos marxinados pola sociedade (pobo xitano) e a gran presenza de drogas nos anos 80.[8]Posteriormente, Caranza volveu ser un barrio relativamente tranquilo, exceptuando situacións puntuais.[9]
Na década de 1990 o poder municipal levou a cabo unha serie de iniciativas, coa finalidade de mellorar as súas infraestruturas, en especial o transporte, e tamén o seu aspecto externo. Unidas á proximidade e posterior desenvolvemento do polígono comercial da Gándara, estas iniciativas normalizaron un tanto a relación do barrio co resto da cidade.
En 2006 se iniciaron as obras de construción dunha nova igrexa Nuestra Señora de la Paz,[10]unedificio deseñado polo arquitecto Antonio Bouza e a arquitecta Pilar García-Magariño.[11]
No ano 2024, dentro dos Programas Integrados de Emprego (PIE), un alumnado de 20 persoas comezaron un obradoiro dual de emprego e formación sobre aproveitamentos forestais e mellora dos montes, organizado polo concello e a Xunta de Galicia.[12] Deste xeito retomáronse no parque de O Montón e zonas anexas en Caranza, as labores de limpeza e arranxos, sendo máis de 26.000 metros cadrados que supoñen unha das meirandes zonas verdes para recreo da cidadanía de Ferrol.[13]
Instalacións
editarEducación
editarNo barrio hai un colexio público, o CEIP Ledicia (antes Manuel Masdías, situado entre As Casas do Paseo, As Grises e o Mercado Municipal de Caranza), dous colexios concertados e de ámbito relixioso, o Santa Xoana de Lestonnac, da Compañía de María e o La Salle Ferrol dos Colegios La Salle.[14] Tamén hai un instituto, o IES Carballo Calero, e un centro de formación, o Rodolfo Ucha Piñeiro.[15]
O Concello de Ferrol inaugurou o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño, no ano 1989, na Avenida do Mar, 2-4. A partir do ano 1997 pasou a ser xestionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.[17]
O EPAPU Santa María de Caranza, é un centro de formación para adultos fundado en 1984, e que despois de diferentes espazos estabeleceuse no edificio do desaparecido e antigo Centro de E.X.B Santamaría de Caranza, en 1995.[18]
Deporte
editarO club Sociedad Cultural Deportiva Recreativa Galicia de Caranza, nado a finais dos anos vinte do pasado século, é o referente deportivo e futbolístico do barrio, xogando en Terceira Rexional Galega.[19]
A comezos do século XXI construíronse un polideportivo, nomeado Xavier Gómez Noya.[20]
Cultura e ocio
editarEn marzo de 2014 inaugurouse o Auditorio de Ferrol, un edificio de 7.000 metros cadrados situado a carón do Conservatorio de Música Xan Viaño, no barrio de Caranza.[21]
O Centro Cívico de Caranza conta con equipamentos para diversas actividades así como biblioteca e salón de actos. Teñen a súa sede a Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar, Almat (Asociación de Loita Contra os Malos Tratos) e a Asociación de Mulleres de Caranza.[22] [23]
A praia de Caranza é un areal de 600 metros de lonxitude que no verán de 2023 obtivo a bandeira azul.[24]
Despois de máis dunha década,[25] en 2024 a comisión de festas de Caranza logrou recuperar a celebración da súa patroa Santa María de Caranza (do 9 ao 15 de agosto).[26] Así mesmo o barrio recobrou a festividade de San Pedro "Caranceiro" o 29 de xuño, celebrada cunha lumarada na zona do muíño. [27] [28][29]
O Camiño de Santiago, na ruta inglesa e dentro da súa etapa Ferrol-Neda pasa por Caranza, no seu segundo tramo.[30][31]
Outra información
editarNo ano 2024, o barrio de Caranza foi protagonista na serie de televisión Rapa, como un dos escenarios no primeiro capítulo.[32]
Notas
editar- ↑ "Caranza". IES Ricardo Carballo Calero.
- ↑ 2,0 2,1 "La generación perdida de Caranza - Edición impresa - EL PAÍS". web.archive.org. 2017-12-01. Archived from the original on 01 de decembro de 2017. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "Reconocimientos - ASFEDRO" (en castelán). Consultado o 2024-08-04.
- ↑ "Asfedro recibirá el viernes el título de Ferrolán do Ano". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-01-05. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "DOG 92 del 15/05/2019 - ORDEN de 7 de mayo de 2019 por la que se declara de utilidad pública la Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro).". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2024-08-04.
- ↑ "escritorio.jpg". Google Docs. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "Plan Comunitario del Barrio de Caranza (Ferrol) – Proyecto Hogar" (en castelán). 2022-11-05. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "Documento_2022-08-04_161120.jpg". Google Docs. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "Robos y reyertas marcan en Ferrol los barrios más castigados por la droga". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-04. Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "Nueva iglesia para Caranza". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ "Hace 20 años - Parte de la construcción de la nueva iglesia de Caranza se financiará con un aparcamiento". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "O Montón muestra su nueva cara gracias al último taller de empleo". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-04-15.
- ↑ Romero, Ada (2024-06-27). "Cada vez queda menos para que El Montón se convierta en el gran pulmón verde de Ferrol". COPE (en castelán). Consultado o 2025-04-15.
- ↑ "Historia do Colexio". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ "CIFP Rodolfo Ucha". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013.
- ↑ "Ferrol fomentará la presencia de esculturas en los espacios públicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-10-29. Consultado o 2025-04-15.
- ↑ "Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño - Ferrol". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "EPA Ferrol". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "Galicia de Caranza". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ "El complejo de Caranza ya lleva el nombre de Javier Gómez Noya". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-12-29. Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "Auditorio de Ferrol". Ferrol Cultura. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Centro Cívico de Caranza". Ferrol Cultura (en castelán). Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "El centro cívico de Caranza de Ferrol recupera la actividad un año y medio después". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-13. Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "La playa de Caranza estrenará este verano el distintivo de Bandera Azul". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Caranza no celebrará sus fiestas este verano tras quedarse sin un campo de festejos adecuado". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-08-11. Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "El programa Bamboleo da luz a las próximas fiestas de Caranza". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "San Pedro se celebra en tres puntos del concello ferrolano". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "Os veciños de Caranza e de Doniños animan a festa do San Pedro". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "A comisión de festas de Caranza colga o primeiro cartel do evento". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "El Camino de Santiago". Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ "RUTA DE CAMINO INGLES SANTIAGO". TURISMO DE FERROL (en castelán). Consultado o 2025-04-17.
- ↑ "La discoteca Onda, Caranza y Pantín se reparten protagonismo en el primer capítulo de "Rapa"". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2024-10-03.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarGraña Fernández, Xabier (2018-2019). El conflicto en la construcción espacial y social de una periferia urbana: el barrio de Caranza (PDF) (Tese) (en castelán). UNED.
Llorca Freire, Guillermo (abril 2022). Memoria histórica do Ferrol de fora de portas: praza de España, Recimil, Inferniño, San Xoán da Filgueira, Santa Mariña e Caranza. Editorial Embora.
Ligazóns externas
editar- Caranza na páxina do IES Carballo Calero
- Caranza sería el cuarto municipio de la zona pese a la caída poblacional
- Blog Urban Idade