Miguel Cabanela

médico cirurxán galego

Miguel Enrique Cabanela González-Seco, nado en Mondoñedo en 1942 é un cirurxián galego, un dos máis importantes especialistas mundiais en cirurxía de cadeira e xeonllo, e en ortopedia.

Miguel Cabanela
Nome completoMiguel Enrique Cabanela González-Seco
Nacemento1942
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico
PaiEnrique Cabanela Álvarez
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

 
Mondoñedo, a vila natal do cirurxián; de costas a estatua do seu tío Álvaro Cunqueiro.

Nado en Mondoñedo (Lugo) en 1942 é sobriño do ilustre escritor de literatura galega Álvaro Cunqueiro e fillo de Enrique Cabanela, que fora médico en Mondoñedo, e pioneiro da cirurxía xeral na comarca, fundador e director dun sanatorio cirúrxico privado no que operaba toda clase de doenzas.

Despois de estudar e se licenciar en Medicina en Santiago de Compostela en 1965, trasladouse aos Estados Unidos en 1967, para desenvolver a súa carreira, primeiro no Mercy Hospital universitario de Chicago. Realizou a súa residencia na famosa Clínica Mayo, formándose coma especialista en cirurxía de cadeira e xeonllo no centro de Rochester (Minnesota). Dende aquela exerceu neste hospital e actualmente é o xefe de Cirurxía Reconstrutiva na mesma Clínica Mayo onde salienta pola súa galeguidade arredor do xigantesco centro sanitario, con 2.158 médicos e outros tantos estudantes e residentes. Na clínica Mayo, cada xefe de servizo acuña un símbolo, nas portas dos cuartos dos pacientes de Cirurxía Ortopédica había un pequeno escudo cun zoco e un paraugas sobre o que caía a choiva, lembrando a súa morriña por Galiza[1].

É membro da Asociación Estadounidense de Cirurxiáns de Cadeira e Xeonllo, e da Fundación Nacional de Osteonecrose, tamén dos Estados Unidos. Ten máis dun cento de artigos de investigación publicados en revistas científicas do campo da cirurxía ósea e da ortopedia[2].

Na actualidade o doutor Miguel Cabanela imparte simposios e conferencias por todo o mundo. A súa dona, española, é física nuclear. Ten dous fillos, mais ningún deles se inclinou pola medicina; un deles é astrofísico e o outro experto en literatura inglesa.

Importancia médica e recoñecementosEditar

É unha das figuras mundiais na súa especialidade. Varias voces do ámbito da cirurxía ortopédica recoñecen a gran competencia de Cabanela en cirurxía da cadeira, e en especial no eido das próteses de cadeira. A Clínica Mayo de Rochester onde traballa, é o terceiro maior hospital do país e ocupa o segundo lugar na mellor cirurxía ortopédica.

Cabanela participa regularmente en xornadas científicas en Galiza, España e nos Estados Unidos. Os seus méritos, entre eles a autoría de máis de 100 publicacións, foron recoñecidos en diferentes países: foi distinguido polos pacientes estadounidenses en 2012 pola súa excelencia, en 2009 recibiu o primeiro premio español Fenin de Innovación Tecnolóxica e foi nomeado membro de honra da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía[3].

Miguel Cabanela adoita visitar Mondoñedo dúas veces ao ano, vila da que é Fillo Predilecto dende o ano 2002. Ademais Galiza recoñeceu o labor de Miguel Cabanela concedéndolle a Medalla de Prata da Xunta e anos despois recollería o Premio Nóvoa Santos que outorga a Asociación de Médicos Galegos.

Premio Miguel CabanelaEditar

O 1 de abril de 2009, a Federación española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria[4] entregou o I Premio Fenin á Innovación Tecnolóxica Sanitaria ao doutor Miguel Cabanela[5][6][7], polas súas achegas á cirurxía ortopédica no eido Cirurxía da Cadeira e do Xeonllo. O Premio recolleuno de mans da Ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, o Presidente da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, o profesor. Enric Cáceres,[8] quen salientou a importancia do Premio para a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

O doutor Miguel Cabanela cedeu a achega á Fundación SECOT para convocar un Premio destinado a realizar unha estadía na Clínica Mayo, Rochester, MN, EUA.[9][5] A convocatoria realizouse en base a concurso de méritos a nivel nacional, recibindo o Premio o doutor Jenaro A. Fernández-Valencia Laborde. Posteriormente e a través da SECOT, o Profesor Cabanela convocou anualmente o Premio Miguel Cabanela até a actualidade.[10]

Listaxe de Cirurxiáns Galardoados co Premio Miguel Cabanela:

  • Ano 2009: Doutor Jenaro A. Fernández-Valencia, cirurxián de cadeira en Barcelona.
  • Ano 2010: Doutor Diego García Germán.[11]
  • Ano 2011: Doutor Julio Duart Clemente.[12]
  • Ano 2012: Doutor Oliver Marín Peña[13]
  • Ano 2013: Dotación conxunta a doutores Claudia Lamas Gómez, Vicente Pellicer García e Marcelino Llabrés Comamala.[14]

Operación do Rei Xoán Carlos I de EspañaEditar

No mes de setembro de 2013 incrementou a súa fama por ser o encargado de operar ao rei Xoán Carlos I de España dunha cadeira [15]por mor dunha infección asociada a unha prótese que lle fora implantada en 2012[3]. Para este traballo desprazouse a Madrid.

Rexeitou cobrar por este traballo[16].

NotasEditar

  1. Declaracións do doutor Trillo para El País Alfageme, Ana (20 de setembro de 2013). "Miguel Cabanela, un gallego ‘número uno’ en cirugía de la cadera". El País (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  2. Currículo do doutor Cabanela Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., web da aseguradora Vitals.
  3. 3,0 3,1 Alfageme, Ana (20 de setemebro de 2013). "Miguel Cabanela, un gallego ‘número uno’ en cirugía de la cadera". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  4. fenin.es
  5. 5,0 5,1 "El gallego Miguel Cabanela, premiado por desarrollar tecnología sanitaria". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2009. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  6. "El doctor Cabanela, premio a la innovación tecnológica sanitaria". www.elcorreogallego.es. 3 de abril de 2009. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  7. "Fundación Tecnología y Salud". www.fundaciontecnologiaysalud.es. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  8. "SECOT". www.secot.es. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  9. http://www.secot.es/getattachment/57f17e68.../Cabanelapremiado.aspx[Ligazón morta]
  10. "Resolución Convocatorias SECOT 2012". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  11. "Dr. Diego García Germán". 
  12. "Dr. Julio Duart Clemente". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  13. "Dr. Oliver Marín Peña". orthodoc.aaos.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  15. "Miguel Cabanela, el hijo del médico de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  16. 20Minutos (26 de setembro de 2013). "Miguel Cabanela renunció a cobrar por la operación y tratamiento del rey". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar