Microsoft Excel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Microsoft Excel é un programa de folla de cálculo integrado no paquete informático Microsoft Office. Xunto co resto dos programas do paquete, está traducido ó galego. Presentado ó longo do tempo en varias versións, ten un paralelo no programa Calc de LibreOffice, tamén traducido ó galego pero baixo licenza de software libre.
Microsoft Excel | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Microsoft |
Última versión | 2016 ((16.0.4266.1003) 22 de setembro de 2015) |
Sistema operativo | Windows, Mac OS X |
Lingua/s | Varias Galego: Si |
Tipo | Folla de cálculo |
Licenza | Microsoft CLUF (EULA) |
Sitio web | products |
Por defecto, os novos documentos en branco presentan tres follas, pero poden ampliarse teoricamente ata un número indefinido mentres o soporte a memoria do ordenador. Para eliminar, engadir, copiar ou mover de posición as follas abonda con premer as pestanas co botón secundario (esquerdo en ratos para destros e dereito en ratos configurados para xergos) e escoller a opción no menú contextual. Dentro de cada folla, existe unha estrutura de dobre entrada onde cada cela referénciase coa combinación da letra correspondente á columna onde está localizada e o número da súa ringleira. Existe tamén un método de denominación independente onde á cela ou rango de celas que se especifiquen se lles pode asignar un nome definido polo usuario e remitirse a el para codificar as funcións e operadores. O alto das follas abrangue 65536 ringleiras e ten un ancho de 256 columnas, que chega ata a columna denominada IV (cando se rematan as letras simples para designar as columnas pásase a utilizar combinacións de dúas letras: X, Y, Z, AA, AB, ...)
O programa permite realizar cálculos de gran complexidade debido ás enormes virtudes destas referencias e ó aniñamento de funcións, aínda que hai dous obstáculos fundamentais:
- non se poden facer referencias circulares, é dicir se se establece unha cadea de dependencias A1 depende de A2 e A2 de A3 etc., en ningún caso unha cela da serie pode depender do valor doutra cela anterior na cadea (isto impide a recursividade);
- existe un máximo de aniñamento de sete aniñamentos, que se pode solucionar facendo referencias a outras celas;
Excel permite tamén representar en gráficos (segundo os modelos incorporados nunha biblioteca predefinida) en base os datos que aparecen nas súas celas, dende diagramas de sectores circulares, barras ou liñas ata dispersións estatísticas, correlacións, tridimensionais, evolucións temporais ou variacións en tolerancia ou de máximos e mínimos bolsista.
Versións
editar- Excel 2.0 para Windows (1987)
- Excel 3.0 (1990)
- Excel 4.0 (1992)
- Excel 5.0 (1993)
- Excel 95 (v7.0)
- Excel 97 (v8.0)
- Excel 2000 (v9.0)
- Excel 2002 (v10.0)
- Excel 2003 (v11.0)
- Excel 2007 (v12.0)
- Excel 2010 (v14.0)
- Excel 2013 (v15.0)
- 365, versión na nube
- 2016 (v16.0)
- 2019