O miñato mouro[2] ou miñato rubio[3] (Buteo rufinus) é unha ave de rapina da orde das falconiformes. É accidental en Galicia.[3]

Buteo rufinus cirtensis

Descrición editar

De tamaño e comportamento semellantes os da especie Buteo lagopus. Mide uns 64 cm. de lonxitude. Caracterízase por ter as ala proporcionalmente longas. Amosa unha gran variedade individual de coloración, dándose dende exemplares moi claros ata outros moi escuros, pero en xeral na súa plumaxe predominan as cores beixe e vermella rosada. A cabeza e o pescozo son claros e sen debuxos, e contrastan co vermello rosado do peito e do ventre. As plumas claras da parte inferior das ás contrastan cos flancos escuros. A cor da cola, que non ten franxas, vai do avermellado ó branco. Os exemplares novos teñen a cola de cor branca ateixada, a miúdo con bandas.

Distribución e hábitat editar

O seu hábitat son paisaxes montañosas ou abertas, estepas e desertos. No inverno aparecen en terras de cultivo. Vive dende Marrocos ata Mongolia. En África a súa área de cría chega ata zonas moi interiores do Sáhara en Alxeria e noroeste de Mauritania.

Reprodución editar

Gosta de face-lo niño en sitios elevados, dende os que poida espreitar ben os arredores. Por iso escolle frecuentemente paredes verticais e acantiladas. De tódolos xeitos non descarta outras localizacións, aínda que moi raramente utiliza árbores. Pon en xeral uns tres ovos que son incubados a partir de abril ou primeiros de maio. A finais de xuño os polos son xa capaces de voar.

Alimentación editar

A meirande parte da súa dieta esta composta por mamíferos pequenos ou medianos. As súas presas máis habituais son os roedores. Segundo algunhas observacións, podería tamén capturar ocasionalmente mamíferos meirandes, coma o furón. Só en casos de escaseza de alimento captura paxaros, réptiles ou insectos. A carniza formaría tamén parte da súa dieta, especialmente nos lugares de invernada. Procura as presas voando baixo ou pousado nun punto alto.

Notas editar

  1. BirdLife International (2013). "Buteo rufinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén editar