Meyers Leonard
Meyers Patrick Leonard, nado o 27 de febreiro de 1992 en Woodbridge, Virxinia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).
Oklahoma City Thunder | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 27 de febreiro de 1992 (32 anos) Woodbridge, Virxinia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Robinson (Robinson, Illinois) |
Universidade | Illinois (2010-2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Portland Trail Blazers (2012–2019) Miami Heat (2019–2021) Oklahoma City Thunder (2021–presente) |
Instituto
editarLeonard entrou no instituto xogando coma base e escolta, pero foi convertido a pivote tras medrar 15 centímetros entre o primeiro e o segundo ano. No instituto, Leonard foi nomeado membro do Equipo All-American de Illinois en 2010, seleccionado por Associated Press, Chicago Tribune, Chicago Sun-Times, News-Gazette e a Asociación de Adestradores de Baloncesto de Illinois. Leonard liderou ó Robinson HS ó campionato 2A da IHSA (Asociación de Institutos de Illinois) [1] antes de elixir xogar ó baloncesto na Universidade de Illinois.
Traxectoria universitaria
editarFreshman
editarDurante a tempada 2010-11 en Illinois, Leonard fixo 2.1 puntos e 1.2 rebotes en 8.2 minutos por partido.[2]
Sophomore
editarComa sophomore, Leonard aumentou os rexistros do primeiro ano, facendo 13.6 puntos e 8.2 puntos por partido.[2] Foi nomeado co-xogador da semana da Big 10 o 5 de decembro de 2011, tras acadar 16.5 puntos e 6.0 rebotes por partido en dúas vitorias de Illinois.[3] Leonard foi tamén xogador da semana da Big 10 o 26 de decembro de 2011, tras facer 16.5 puntos e 14.5 rebotes por partido en dous encontros.[4] Ó remate da tempada, Leonard foi nomeado mención honorífica do All Big-10.[5]
Traxectoria profesional
editarO 28 de xuño de 2012, Leonard foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers.[6] O 13 de xullo de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Blazers.[7]
O 6 de xullo de 2019, Leonard foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre catro equipos.[8]
O 17 de marzo de 2021, Leonard foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2027 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Trevor Ariza.[9]
Notas
editar- ↑ "Boys basketball Class 2A championship". Chicago Tribune. 14 de marzo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Player Bio: Meyers Leonard". FightingIllini.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2012.
- ↑ "Illinois, Indiana and Michigan State Claim Weekly Accolades". bigten.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012.
- ↑ "Leonard named Big 10 Player of the Week again". fightingillini.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012.
- ↑ "2011-12 All-Big Ten Men’s Basketball Team" (PDF). BigTen.org. CBS Interactive. 2012-06-26. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2012. Consultado o 2012-03-07.
- ↑ "Leonard goes 11th in NBA draft". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ Damian Lillard, Meyers Leonard sign Trail Blazers rookie contracts
- ↑ "HEAT Acquire Butler And Leonard". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019.
- ↑ "Thunder Acquires 2027 Second-Round Draft Pick, Meyers Leonard and Generates Trade Exception". NBA.com. 17 de marzo de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 01 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)