Mercedes Docampo

mestra e política galega

Mercedes Docampo de la Fuente, nada en Ourense o 7 de abril de 1906 e finada en Vigo o 23 de maio de 1978, foi unha mestra e política galega.

Infotaula de personaMercedes Docampo
Biografía
Nacemento7 de abril de 1906 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Manuel do Campo López e Corona de la Fuente Iglesias. Matriculouse en 1922 na Escola Normal de Ourense, compaxinando os estudos coa colaboración na Escola Obreira da Inmaculada Concepción dirixida por Blanca Calvo.[1] En 1926 rematou brillantemente os estudos de maxisterio.[2] Comezou a exercer en 1927 no colexio Concepción Arenal cos compañeiros Ángel Martínez Doval e Eleuterio González Salgado. Solicitou entrar nas listas de interina en 1933 e obtivo praza na escola de Cerdeira (San Xoán de Río). O 16 de marzo de 1934 foi destinada a Cusanca (O Irixo) e en novembro desde ano fois traslada á escola de Soutopenedo (San Cibrao das Viñas). Nestes anos comezou a súa implicación co galeguismo sendo unha das fundadoras do Grupo Feminino do Partido Galeguista de Ourense constituído en setembro de 1933. Mercedes foi a secretaria de agrupación.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciada, acusada polo párroco de Soutopenedo de ser socialista e de apoiar á Fronte Popular. Foi sancionada pola comisión depuradora do maxisterio co desterro a Manzaneda. Xubilou en 1965 e trasladouse a Vigo para vivir coa súa irmá Rosa. Finou en 1978 e foi soterrada en Tui.

Notas editar

  1. La Región, 31-5-1923, p. 1.
  2. La Zarpa, 2-6-1926, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar