Ángel Martínez Doval
profesor e xornalista galego
Ángel Martínez Doval, nado en Ourense en 1903 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1988,[1] foi un profesor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Ourense, España |
Morte | 12 de decembro de 1988 (84/85 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Manuel Martínez Randulfe, Teresa Martínez Randulfe, Fernando Martínez Randulfe |
Traxectoria
editarPerito Industrial e Licenciado en Filosofía e Letras. Fundou o colexio Concepción Arenal de Ourense en 1928, onde impartiu clases de Física, Química e Filosofía. Militou con Vicente Risco na Irmandade Galeguista de Ourense, da que foi presidente en 1931. Colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Foi un dos asinantes do manifesto da Dereita Galeguista de Ourense encabezado por Risco en febreiro de 1936.[2]
Vida persoal
editarCasou con Mercedes Randulfe Rodríguez en decembro de 1933 e foi pai de Manuel, Teresa e Fernando Martínez Randulfe.