Membrana interósea do antebrazo
A membrana interósea do antebrazo é unha membrana fibrosa que une o óso radio co cúbito. A membrana dálle estabilidade ao antebrazo, repartindo e distribuíndo as forzas entre os dous ósos. Tamén divide o antebrazo nun compartimento anterior e nun posterior. Ademais, serve de inserción para algúns músculos do antebrazo.
Membrana interósea do antebrazo | ||
---|---|---|
Membrana interósea visible na parte inferior da imaxe | ||
Latín | membrana interossea antebrachii |
Nos movementos de pronación e supinación, a membrana contráese e reláxase facilitando estes movementos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.