Melvin Ely

baloncestista estadounidense

Melvin Anderson Ely, nado o 2 de maio de 1978 en Harvey, Illinois, é un ex xogador profesional e actual adestrador estadounidense de baloncesto que é adestrador asistente dos Canton Charge da NBA G League. Con 2,08 metros de altura xogaba de pivote e de ala-pivote.

Melvin Ely
Canton Charge
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de maio de 1978 (45 anos)
Harvey, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 118 kg (261 lb)
Información da carreira
Instituto Thornton Township
(Harvey, Illinois)
Universidade Fresno State (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Los Angeles Clippers
Carreira 2002–2016
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2002–2004)
Charlotte Bobcats (2004–2007)
San Antonio Spurs (2007)
New Orleans Hornets (2007–2009)
Denver Nuggets (2010–2011)
Brujos de Guayama (2012)
Texas Legends (2012–2014)
New Orleans Pelicans (2014)
Gunma Crane Thunders (2014–2015)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2007)

Carreira editar

Universidade editar

Baixo o mando do adestrador Jerry Tarnakian nos Fresno State Bulldogs, Ely liderou ó equipo a dúas aparicións no torneo da NCAA, no 2000 e no 2001. Ademais gañou premio ó Xogador do Ano da WAC en dúas tempadas consecutivas, 2001 e 2002.

NBA editar

Ely foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Los Angeles Clippers. Tras dúas tempadas nos Ánxeles cun tempo de xogo limitado, Ely foi traspasado xunto ó seu compañeiro Eddie House o 14 de xullo de 2004 ós Charlotte Bobcats, a cambio de dúas eleccións de segunda rolda do Draft de 2005 o 2006. O 2 de outubro de 2006, rexeitou ofertas dos Golden State Warriors e dos Phoenix Suns para quedar nos Bobcats e asinar un contrato dun ano e 3 millóns de dólares.[1]

O 13 de febreiro de 2007, foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Eric Williams e unha elección de segunda rolda do Draft de 2009.[2] Xogou tan só 6 partidos cos Spurs, facendo 3.2 puntos e 2.3 rebotes por encontro. Gañou o anel de campión cos Spurs pese a non xogar ningún minuto nos Playoffs.

Na postempada de 2007, Ely asinou cos New Orleans Hornets un contrato de dous anos.[3][4]

En 2012, Ely asinou cos Brujos de Guayama de Porto Rico.[5]

O 27 de outubro de 2012, Ely asinou cos Dallas Mavericks.[6][7] Ó seguinte día, foi cortado, e posteriormente asinou cos Texas Legends da NBA D-League.[8]

En setembro de 2013, Ely fichou polos Memphis Grizzlies.[9]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar