Abrir o menú principal

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[7]

EtimoloxíaEditar

O nome científico do xénero, Meleagris, Linneo tirouno do grego antigo μελεαγρίς meleagrís, 'galiña de Guinea'.[8]

EspeciesEditar

Na actualidade só se coñecen no xénero dúas especies actualmente viventes,[7][9] e outras dús extintas:

CaracterísticasEditar

Tanto o macho como a femia teñen a cabeza espida e unha plumaxe de cor cobriza, negra, castaña ou esbrancuxada, pero o macho posúe unhas excrecencias carnosas, chamadas carúnculas, que penduran da cabeza e o pescozo, e un destacado guecho de plumas colgando do peito. Miden até 1,17 m de longo, sendo as aves máis grandes dos bosques nos que habitan e, como na maioría das moitas especies de galiformes, o macho é máis grande que a femia e con máis colorido. En estado salvaxe os machos de M. gallopavo pesan entre 8 e 10 kg e as femias entre 4 e 5 kg, pero os animais domesticados alcanzan pesos maiores (15 kg os machos), xa que a selección durante séculos e os diferentes procedementos de reprodución e alimentación tenderon a lograr un alto rendemento de carne para a alimentación humana.

ComportamentoEditar

Os pavos aliméntanse principalmente de landras, sementes e insectos. En estado silvestre viven en grupos de até 20 individuos en lugares cercanos a árbores. Usualmente camiñan aínda que poden voaren. Durante o cortexo o macho atrae á femia con sons e espónxase elevando as súas plumas e abrindo a cola en abano. A femia fecundada pon de 8 a 15 ovos nun niño oculto entre a vexetación, que logo incuba durante 25 ou 30 días até que saen os pitos, nidífugos, que, aínda que se alimentan pola súa conta, dependen da protección da nai.[13]

Rexistro fósilEditar

Existen espécimes fósiles de meleagridinos do mioceno mioceno inferior de Estados Unidos (hai aproximadamente 23 millóns de anos), como Rhegminornis,[14] e Proagriocharis (do mioceno superior-plioceno inferior).[15]

Relación co homeEditar

O pavo común salvaxe se domesticouse por primeira vez en México hai xa máis de mil anos, exportándose Europa no século XVI. A comezos do século XX empezou a desaparecer, como especie silvestre, en gran parte dos Estados Unidos.

Actualmente a cría de pavos domésticos é unha industria an gran escala en Norteamérica e Europa. É ben coñecido o feito de que o pavo é o prato preferido para celebracións como o Nadal e o Día de Acción de Grazas nos Estados Unidos.[13]

NotasEditar

  1. Meleagris Linnaeus 1758 en Fossilworks.
  2. del Hoyo, J. Elliott, A. & Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-15-6. 
  3. Mariano Jimenez II and Mariano G. Jiménez (2000-2002). "Pavo común Meleagris gallopavo". 
  4. Boyd-Bowman, Peter (1971). Léxico hispanoamericano del siglo XVI. Monografías A. Rochester, NY, USA: Boydell & Brewer Ltd. Tamesis Books. ISBN 978-0-9004-1128-1. 
  5. Mariano Jimenez II and Mariano G. Jiménez (200-2002). "Pavo ocelado Meleagris ocellata". 
  6. "Pavo de monte". 
  7. 7,0 7,1 Meleagris Linnaeus, 1758 no ITIS.
  8. Meleagris no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  9. Family Phasianidae na IOC World Bird List]] (Versión 9.1. (2019).
  10. Nota: especie extinta no plistoceno tardío ou no holoceno temperán.
  11. California Department of Fish and Game. Wild Turkey Guide 2005 Arquivado 27-10-2008 en Wayback Machine..
  12. Nota: especie extinta no plistoceno tardío.
  13. 13,0 13,1 "Guajolote, rey de fiestas decembrinas". El Universal. Ciudad de México, 19 de decembro de 2009. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
  14. Olson, S. L. & Farrand, J. (1974): "Rhegminornis restudies: a tiny Miocene turkey". The Wilson Bulletin, 86 (2): 114–120.
  15. Martin, L. D. & Tate, J. (1970): "A new turkey from the Pliocene of Nebraska". The Wilson Bulletin, 82 (2): 214–218.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar