Medorra de Fanegas
A medorra de Fanegas é un túmulo megalítico situado entre as parroquias da Ciadella, no concello de Sobrado, e Vilariño, no concello de Vilasantar.
Descrición
editarLocalízase nas proximidades do campamento romano da Ciadella, e forma parte dun numeroso grupo de túmulos funerarios do megalitismo galego, emprazados sobre unha vigorosa dorsal topográfica. Tendo en conta a presenza de tégula romana sobre a superficie do túmulo e no cono de violación, así como a situación do monumento ó lado dunha das vías romanas que conducían ó Campamento e nunha localización dende a que se dominaba este, formulouse a hipótese de que o túmulo tivera sido reempregado en época romana para construír unha torre ou posto de observación. Con esta idea realizouse a escavación durante o mes de setembro de 1983. A escavación permitiu documentar unha construción rectangular sobre o túmulo feita nun momento contemporáneo á utilización do campamento de Cidadela. Baixo ela atopábase o monumento orixinal. Este estaba formado por un túmulo de terra rodeada dun anel perimetral e cunha coiraza pétrea que cubría a súa parte superior. No interior estaba pechada unha cámara megalítica de pequenas dimensións totalmente destruída por unha violación anterior á construción romana.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Caamaño Gesto, José Manuel; Criado Boado, Felipe (1991-1992). "La medorra de Fanegas (Sobrado dos Monxes, Coruña). Informe de la campaña de excavación de 1983" (PDF). Brigantium. Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña (en castelán) (Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón) 7: 7–89.