Brigantium (publicación)
Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brigantium.
Brigantium, subtitulado Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña, foi un boletín bilingüe anual editado polo Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña.
Brigantium | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | A Coruña |
Lingua | lingua castelá, lingua galega e varios idiomas |
Primeira edición | 1980 |
Circulación | |
ISSN | 0211-318X |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarPublicouse dende 1980 ata 2009 e foi dirixido por Felipe Senén López. O director honorario era Manuel Chamoso Lamas. Colaboraron nel, entre outros, José Manuel Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado e Raquel Casal.
Os seus temas eran a prehistoria, a historia, a etnografía, a arqueoloxía, a arte, a epigrafía e a numismática. Sobresaíu pola presentación e calidade dos traballos, sempre ilustrados. O artigos comezaban por un resumo en castelán, galego ou inglés, segundo a lingua escollida polo autor.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Brigantium". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Brigantium". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.