Medios de comunicación na Baía de Tampa

A área metropolitana da Baía de Tampa é a segunda maior área metropolitana dos Estados Unidos en canto a variedade de medios, tanto impresos, en liña e outros medios de difusión. Segundo unha estimación da Oficina do Censo dos Estados Unidos do ano 2008, a poboación da área estatística metropolitana Tampa-San Petersburgo era de 2 733 761 persoas. O mercado de medios de comunicación da Baía de Tampa tamén inclúe os condados de Citrus, Manatee, Sarasota e Polk, que non se atopan na Baía.[1] Os medios de comunicación do condado de Polk tamén proceden de Orlando.

Xornais editar

Os dous principais xornais da zona son o Tampa Bay Times e o The Tampa Tribune.

O The Tampa Bay Times (coñecido como St. Petersburg Times dende a súa fundación en 1884 ata xaneiro de 2012) é o xornal de maior tirada no sueste dos Estados Unidos, cuns 400.000 exemplares impresos a diario, o que representa un 50% máis ca o segundo xornal cunha maior tirada, o Orlando Sentinel.[2]

O The Tampa Tribune publicou o seu primeiro exemplar como un xornal diario en 1895. Ademais da edición principal, publica unha carteira de semanais independentes en toda a rexió, incluíndo o Plant City Courier & Tribune, o Brandon News & Tribune, o South Shore News & Tribune, o Northeast News & Tribune, o Carrollwood News & Tribune, o South Tampa News & Tribune, o Northwest News & Tribune, o Central Tampa News & Tribune, o The Suncoast News, e o CENTRO Tampa, en español.

Na área da Baía de Tampa tamén prestan servizo unha serie de xornais rexionais. La Gaceta é un semanal trilingüe (publicado en inglés, castelán e italiano) publicado na Ybor City dende 1922.[3] A comunidade negra da zona conta con dous xornais: o Florida Sentinel Bulletin (Tampa) e o The Weekly Challenger (San Petersburgo). O Creative Loafing (tamén coñecido durante unha época como Weekly Planet) é o principal semanario alternativo da zona. The Oracle publica na Universidade do Sur de Florida e nos barrios circundantes. O Tampa Bay Business Journal é a principal publicación económica da zona.

Varias cidades fóra do núcleo Tampa-St. Petersburg, pero dentro da Baía de Tampa contan con xornais de pouca tirada e unha pequena área de distribución. Entre eles atópanse o The Bradenton Herald, o Sarasota Herald-Tribune, o The Ledger , o Citrus County Chronicle, o Hernando Today ou o Highlands Today.

Televisión editar

 
Estudios de WUSF-TV en Tampa

A área da Baía de Tampa é décimo cuarto maior mercado televisivo do país e o maior mercado televisivo de Florida,[4] con 1,78 millóns de fogares con televisión.

Na rexión operan catorce cadeas televisivas:

  • WMOR (Channel 32, independente)
  • WTTA (Channel 38, My Network TV)
  • WWSB (Channel 40, ABC, Sarasota)
  • WTOG (Channel 44, The CW)
  • WRMD (Channel 49, Telemundo)
  • WFTT (Channel 50, Telefutura)
  • WVEA (Channel 62, Univision)

Entre as televisións por cable atópanse Bay News 9, Bright House Sports Network, e SNN Local News 6.

Radio editar

O mercado radiofónico de Tampa é o décimo noveno maior dos Estados Unidos, segundo Arbitron Research.[5] Hai máis de 70 emisoras de radio, divididas practicamente a partes iguais entre frecuencias AM e FM. Clear Channel Communications é o maior propietario de emisoras da zona, seguido por Cox Broadcasting e CBS Radio. Ademais, moitas emisoras da zona de Orlando pódense escoitar na zona noroeste da área metropolitana.

Notas editar

  1. Tampa Bay metro market hits milestone - Tampa Bay Business Journal, July 18, 2007
  2. "ACCESS ABC: eCirc for US Newspapers". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  3. "La Gaceta Newspaper - History". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17/03/2011. Consultado o 24/12/2013. 
  5. Arbitron Radio Market Rankings - Winter 2012

Véxase tamén editar