Universidade do Sur de Florida

A Universidade do Sur de Florida, tamén coñecida como USF, é unha universidade pública localizada en Tampa, Florida. Fundada en 1956, forma parte do Sistema Universitario Estatal de Florida, sendo a cuarta universidade pública dese estado, con 47.646 estudantes matriculados no ano académico 2012–2013.[1][2] A USF conta con tres institucións independentes: USF Tampa, USF San Petersburgo e USF Sarasota-Manatee.[3] Cada institución está acreditada separadamente pola comisión universitaria da Asociación do sur de escolas e universidades.[3] A universidade conta con 14 facultades, que ofrecen preto de 80 estudos de grao e máis de 130 de posgraduado.[4]

Universidade do Sur de Florida
University of South Florida
Escudo da Universidade
Datos xerais
LocalizaciónTampa, Florida, Estados Unidos de América Estados Unidos
Datos actuais
ReitorJohn B. Ramil
Alumnos47.646[1]
Datos de contacto
Páxina webwww.usf.edu
Facebook: USouthFlorida Twitter: USouthFlorida Instagram: usouthflorida LinkedIn: usouthflorida Snapchat: usouthflorida Youtube: UCLuRbT2d4WqL1ngrcpFJ72A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A USF aparece clasificada pola Carnegie Foundation for the Advancement of Teaching no nivel superior de universidades en canto á investigación, e é unha das catro únicas universidades en Florida que obtén esta clasificación.[5] Na clasificación do ano 2011, a Intellectual Property Owners Association clasificou á USF na décima posición a nivel mundial en canto ao número de patentes rexistradas.[5] A universidade conta cun presuposto anual de 1.500 millóns de dólares e ten un impacto económico de 3.700 millóns de dólares.[6] Segundo unha clasificación realizada pola National Science Foundation, a USF atópase entre as 50 universidades dos Estados Unidos que adican un gasto maior á investigación, sendo só superada en Florida pola Universidade de Florida.[7]

A USF aparece no top 100 das mellores universidades públicas do ano 2012 segundo U.S. News & World Report.[5] Nese mesmo ano, foi considerada como a oitava universidade con maior progresión por esa mesma revista.[5] A universidade foi nomeada líder na educación en liña pola Guía de Universidades en liña.[5][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "USF System Facts 2012/13" (PDF). usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  2. "Largest Colleges in FL". collegestats.org. CollegeStats. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño 2013. 
  3. 3,0 3,1 "About USF Overview". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño 2013. 
  4. "Academics Overview". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 20 de xuño 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Points of Pride". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  6. "USF Facts and Statistics". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar