Medi Bayreuth
O Medi Bayreuth (estilizado: medi bayreuth), é un equipo de baloncesto profesional alemán con sede na cidade de Bayreuth, Baviera. Fundado como unha sección do Post SV Bayreuth en 1975, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Disputa os seus partidos como local no Oberfrankenhalle, pavillón con capacidade para 3.600 espectadores. Entre os seus principais títulos están a Liga conseguida en 1989 e as dúas Copas en 1988 e 1989.
medi bayreuth | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL / BCL |
Fundación | 1975 |
Historia | Post SV Bayreuth (1975–1979) USC Bayreuth (1974−1984) Steiner Bayreuth (1984−1999) |
Cores | Negro, lima, branco |
Presidente | Johannes Feuerpfeil |
Adestrador | Raoul Korner |
Patrocinador | Medi |
Localización | |
Cidade | Bayreuth, Alemaña |
Pavillón | Oberfrankenhalle |
Capacidade | 3 500 |
Inauguración | 29 de outubro de 1988 |
Campionatos | |
Liga | 1 (1989) |
Copa | 2 (1988, 1989) |
medi-bayreuth.de |
Historia
editarO club foi fundado en 1975 como a sección de baloncesto do Post SV Bayreuth. Foi ademais un dos clubs que xogaron a primeira edición da segunda división de baloncesto profesional en Alemaña. Na súa tempada de debut, o equipo ascendeu de inmediato á máxima categoría. En 1979, o equipo de baloncesto separouse do Post SV e o club foi refundado co nome de USC Bayreuth. Ao finalizar a temporada 1983−84, o equipo descendeu da Bundesliga. Isto levou ao club a fusionarse co TTBG Steiner-Optik Bayreuth, un antigo club de tenis de mesa, para formar o BG Steiner Bayreuth. Como Steiner Bayreuth, o equipo atinxiu grandes éxitos. Primeiro, o club conseguiu regresar inmediatamente á máxima categoría, para poucos anos máis tarde gañar títulos. De feito, en 1988 e 1989 o equipo gañou a Copa e na temporada 1988−89 foi coroado campión nacional alemán despois de gañar a Bundesliga.[1]
En 1997, o tradicional patrocinador do club, Steiner, deixou o club e comezaron a ter problemas financeiros, o que produciu tamén unha crise deportiva. De feito, en 1999 o equipo descende da Bundesliga debido aos citados problemas económicos. Nas seguintes tempadas, o Bayreuth cnverteuse nun equio habitual da ProA, a segunda división xermana. O regreso á máxima categoría chegou tras gañar o título da ProA na temporada 2009−10. Ao comezo da temporada 2013−14, o club consegue un novo patrocinador principal, mudando ao seu nome a "medi bayreuth". Tamén mudaron as cores do equipo a negro, verde lima e rosa. Após finalizar durante os seguintes ano na zona media da clasificación, o equipo consegue finalizar en cuarto lugar na temporada 2016−17, finalizando o equipo de Raoul Korner cun balance de 22 vitorias por 10 derrotas. Porén, nos play-offs foron eliminados en primeira rolda polo EWE Baskets Oldenburg. Con todo, a boa actuación serviu ao equipo para xogar na Basketball Champions League 2017−18. Na Champions League o equipo pasa a primeira rolda e elimina nos cuartos de final ao Beşiktaş, mais perde finalmente en Cuartos ante o Riesen Ludwigsburg.
Nomes
editarO Medi Bayreuth tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia:
- Post SV Bayreuth (1975–1979)
- USC Bayreuth (1979–1983)
- USC Olympia Bayreuth (1983–1984)
- BG Steiner Bayreuth (1984–1989)
- Steiner Bayreuth (1989–1997)
- Basket Bayreuth (1997–1999)
- BBC Bayreuth (1999–2013)
- medi bayreuth (2013–presente)
Temporadas
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | 2 | 2. BBL | 8º | ||||
2001–02 | 2 | 2. BBL | 2º | ||||
2002–03 | 2 | 2. BBL | 5º | ||||
2003–04 | 2 | 2. BBL | 10º | ||||
2004–05 | 2 | 2. BBL | 3º | ||||
2005–06 | 2 | 2. BBL | 6º | ||||
2006–07 | 2 | 2. BBL | 3º | ||||
2007–08 | 2 | ProA | 8º | ||||
2008–09 | 2 | ProA | 3º | ||||
2009–10 | 2 | ProA | 1º | ||||
2010–11 | 1 | BBL | 16º | ||||
2011–12 | 1 | BBL | 13º | ||||
2012–13 | 1 | BBL | 15º | ||||
2013–14 | 1 | BBL | 14º | ||||
2014–15 | 1 | BBL | 16º | ||||
2015–16 | 1 | BBL | 12º | ||||
2016–17 | 1 | BBL | 4º | ||||
2017–18 | 1 | BBL | 6º | Cuarto lugar | 3 Champions League | ||
2018–19 | 1 | BBL | 12º | Oitavos de final | 3 Champions League | FR | |
2019–20 | 1 | BBL | 12º | Oitavos de final | 4 FIBA Europe Cup | SF | |
2020–21 | 1 | BBL | 10º | Fase de grupos |
Títulos
editar- Campións (1): 1989
Copa de Alemaña
- Campións (2): 1988, 1989
Xogadores
editarDestacados
editarNotas
editar- ↑ "Vor 30 Jahren startete man in die bisher erfolgreichste Saison". www.medi-bayreuth.de (en alemán). 21 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018.