Jeffrey Nunes Xavier, nado o 7 de setembro de 1985 en Pawtucket (Rhode Island, Estados Unidos), é un ex-xogador profesional de baloncesto internacional caboverdiano. Cunha estatura de 1,86 metros xogaba na posición de escolta.

Jeff Xavier
Información persoal
Nacemento 7 de setembro de 1985 (38 anos)
Estados Unidos Pawtucket, Estados Unidos
Nacionalidade Cabo Verde Cabo Verde
Altura 1,86 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 82 kg (181 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto St. Raphael Academy
Universidade Manhattan (2004–2006)
Providence (2007−2009)
Internacional Cabo Verde
Carreira 20092022
Historial de equipos
Leite Río Breogán (2009−2010)
Cáceres (2010−2011)
Palencia Baloncesto (2011−2012)
Atapuerca Burgos (2012−2013)
Ford Burgos (2013−2015)
Medi Bayreuth (2015−2016)
Breogán (2016)
FC Porto (2016−2017)
UJAP Quimper 29 (2017−2018)
Básquet Coruña (2018−2020)
Cáceres (2020−2021)
Oviedo (2021−2022)
Premios e galardóns
1× Máximo anotador do AfroBasket (2009)

Traxectoria editar

Jeff Xavier graduouse no instituto St. Raphael Academy da súa cidade de natal, Pawtucket, en 2004, recibindo unha bolsa para xogar ao ano seguinte coa Universidade de Manhattan na NCAA. As súas boas actuacións nesa universidade fixéronlle chegar unha oferta da Universidade de Providence, á cal non rexeitou. Segundo o regulamento da competición o troco de universidade supón unha penalización dun ano sen xogar, tempo que se adicou a adestrar, para finalmente poder xogar dúas temporadas cos Providence Friars.

Finalizada a súa etapa universitaria recibiu unha oferta do "Orlando National Tournament", incorporándose despois á selección nacional de Cabo Verde, coa que disputou o torneo "African Championships in Libya", conseguindo ser finalmente máximo anotador do campionato con 27,2 puntos por encontro. Posteriormente sería contrato para xogar na Liga LEB polo Club Baloncesto Breogán de Lugo, onde na tempada 2009-2010 conseguiu media de 12,9 puntos, 1,9 rebotes e 1,5 asistencias por encontro.

O 28 de novembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Básquet Coruña para o resto da tempada 2018-19.[1] Tras tempada e media na Coruña, Xavier anunciou a súa marcha do equipo laranxa.[2] En 2020 Xaveir asina polo Cáceres Patrimonio de la Humanidad, onde permanece unha temporada. Ao ano seguinte segue xogando en LEB Ouro, esta vez para o Unicaja Banco Oviedo. Despois da finalización da temporada, o xogador anuncia a súa retirada do baloncesto profesional.

Equipos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar