Matt Stone
Matthew Richard "Matt" Stone, nado en Houston (Texas) o 26 de maio de 1971, é un guionista, actor e produtor estadounidense, coñecido por crear, xunto co seu amigo Trey Parker a serie de animación South Park.
Matt Stone | |
---|---|
![]() | |
Alcume/outros | Kyle Broflovski |
Nacemento | 26 de maio de 1971 |
Lugar | Houston |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Heritage High School e Universidade do Colorado em Boulder |
Profesión | director de televisión, director de cinema, animador, cantautor, guionista, produtor de cine, produtor de televisión, actor de dobraxe, actor de televisión, letrista, actor de cinema e showrunner |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A comezos da década de 1990 coñeceu a Parker con quen dirixiu a súa primeira curtametraxe Jesus vs. Frosty en 1992, ao ano seguinte actuou na súa primeira longametraxe Alferd Packer: The Musical que dirixiu Parker. En 1995 dirixiu otra curta Jesus vs. Santa, tamén con Parker, o resultado deulles azos para crearen unha serie de televisión animada seguindo o estilo das dúas curtas e que co nome de South Park tivo a súa estrea o 13 de agosto de 1997 e onde tamén lle pon voz a varios dos personaxes. Polo seu traballo en South Park Parker gañou catro Emmy. En 1997 produciu e actuou en Orgazmo.