Trey Parker
Trey Parker, nado Randolph Severn Parker III o 19 de outubro de 1969 en Conifer (Colorado), é un animador, guionista, director, produtor e actor estadounidense, coñecido por crear, xunto co seu amigo Matt Stone a serie de animación South Park.
Traxectoria
editarParker estudou música na Universidade de Colorado, acomezos da década de 1990 coñeceu a Stone con quen dirixiu a súa primeira curtametraxe Jesus vs. Frosty en 1992, ao ano seguinte dirixiu, en solitario, a súa primeira longametraxe Alferd Packer: The Musical . En 1995 dirixiu outra curta Jesus vs. Santa, tamén con Stone, o resultado deulles azos para crearen unha serie de televisión animada seguindo o estilo das dúas curtas e que co nome de South Park tivo a súa estrea o 13 de agosto de 1997 e onde tamén lle pon voz a varios dos personaxes. Polo seu traballo en South Park Parker gañou catro Emmy. En 1997 protagonizou e dirixiu Orgazmo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trey Parker |