Matías Rodríguez
político español
Matías Rodríguez da Torre, nado en Pontevedra en 1973, é un profesor de educación secundaria e político galego.
Matías Rodríguez | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 1973 |
Pontevedra | |
Organización | Bloque Nacionalista Galego |
Profesión | Mestre |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Formou parte das candidaturas do BNG no concello pontevedrés de Silleda dende 1999, sendo concelleiro dende o 2009, en substitución de Carmen Fidalgo.[1] Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato á alcaldía de Silleda polo BNG,[2] obtendo unicamente a súa acta. Tralo pacto de goberno firmado co PSOE, asumiu as competencias de cultura, turismo, educación e participación cidadá ata que foi expulsado do goberno en marzo do 2013, pasando á oposición.[3] Nos comicios do 2015, repetiu como candidato á alcaldía polo BNG-Asembleas Abertas[4] e volveu ser elixido concelleiro.
Notas editar
- ↑ El BNG silledense oficializa el nombre de Matías Rodríguez da Torre como sustituto de Carme Fidalgo Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia (27/06/2009) (Consultado o 23/11/2016).
- ↑ Matías Rodríguez da Torre, candidato del BNG silledense Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia (13/02/2011) (Consultado o 23/11/2016).
- ↑ La alcaldesa de Silleda (Pontevedra) expulsa del gobierno y retira la dedicación exclusiva al único edil del BNG en 20minutos (18/03/2013) (Consultado o 23/11/2016).
- ↑ El BNG de Silleda mantiene a Cornado de número dos en su lista, que lidera da Torre en Faro de Vigo (21/04/2016) (Consultado o 23/11/2016).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 93. ISBN 978-84-96368-00-2.