Matías Escariz
Matías María Escariz Méndez, nado en Buenos Aires o 12 de decembro de 1881 e finado en Cangas o 8 de febreiro de 1945, foi un sacerdote e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1881 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 8 de febreiro de 1945 (63 anos) Cangas, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Escariz Canosa, natural de Denle (San Vicente de Duio) e María Méndez Gundín, da Catuxa (Santiago de Arteixo), emigrados na Arxentina. Cando Matías ten pouco máis de cinco anos a familia regresou a Galicia, desembarcando no porto de Vigo o 10 de abril de 1887. Marcha a Santiago de Compostela cursar a carreira eclesiástica. Foi diácono en abril de 1906. O 20 de xuño dese ano foi nomeado ecónomo de San Xoán de Bardullas e unidos e en 1914 foi destinado a Santa Cristina de Vea. En febreiro de 1921 foi pasou ás parroquias de San Vicezo e de San Martiño de Duio. En outubro de 1930 foi para Santiago de Compostela como capelán do Asilo das Oblatas. En xuño de 1932 envíano para Betanzos como capelán do Asilo de Ancianos Desamparados García Hermanos. En 1936 foi ecónomo de San Cibrán de Vilastose e en 1940 era capelán das monxas de Meirás, para pasar despois a ser capelán da Comunidad de Hijas de Nuestra Señora de Cangas do Morrazo, onde morreu.[1]
Publicou 150 poemas, 104 en galego e 46 en castelán, e tres contos breves en galego, que apareceron en Finisterre, El Compostelano, Vida Gallega, Céltiga, Boletín Oficial de la Sociedad Nueva Casa de Galicia, Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda, Betanzos. Centro Cultural Betanzos. Tamén apareceron colaboracións súas na revista madrileña España Marítima, El Eco del Condado, La Zarpa e La Voz de Galicia.
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 16-2-1945, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rei Lema, Xosé María (2011). Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte. Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do patrimonio cultural da Costa da Morte.