Finisterre (Buenos Aires)

Finisterre foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1927 e 1929.

Finisterre (Buenos Aires)
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Publicación mensual. Órgano de la Sociedad Finisterre en América, apareceu o en 1927. Empezou saíndo cada mes e despois bimestralmente. Estaba dirixida por Joaquín de Haz Ugarte e nas súas páxinas aparecían artigos sobre a comarca de Fisterra, acontecementos históricos e as actividades que levaba a cabo a asociación homónima. Incluíu numerosos poemas e estaba ilustrada con fotografías da zona fisterrá, institucionais e de sociedade. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Suárez Picallo, Feliciano de Haz Ugarte, Julio Conde Rivas, Ramón Ballón, Benigno Oliveira, Josefina Graíños e Felipe Fernández Armesto.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar