Maryse Bastié
Maryse Bastié, nada o 27 de febreiro de 1898 e finada o 6 de xullo de 1952, foi unha aviadora francesa.
Maryse Bastié | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marie-Louise Bombec |
Nacemento | 27 de febreiro de 1898 |
Lugar de nacemento | Limoges |
Falecemento | 6 de xullo de 1952 |
Lugar de falecemento | Bron |
Causa | accidente ou incidente de aviación |
Soterrada | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | aviadora e membro da resistencia francesa |
Premios | comendador da Lexión de Honor, Glory of sport, Harmon Trophy, Orde da Estrela Vermella, Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito, Cruz de guerra 1939-1945, Médaille de la Résistance, Médaille de l'Aéronautique, Great Gold medal of the Société d'Encouragement au Progrès, Grande médaille de l'Aéro-Club de France, Knight of the Order of the Southern Cross, Commander of the French Order of Academic Palms e Commander of the Royal Order of Cambodia |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Veu ó mundo en Limoges co nome de Marie-Louise Bombec, o seu pai morreu cando ela tiña dez anos e para sobrevivir tivo que poñerse a traballar nunha zapatería en canto tivo idade, os seus recursos económicos eran escasos, un matrimonio fracasado deixáralle un neno. Casou de novo cun piloto militar, Louis Bastié, a quen coñeceu como madriña de guerra durante a primeira guerra mundial, adoptou o seu apelido consonte á norma francesa da época e quedou fascinada co mundo da aviación. O 15 de outubro de 1926 o seu compañeiro morreu nun accidente de aviación, ela xa con licenza de piloto desde 1925 non renunciou a pilotar e comezou a facer voos acrobáticos para gañar diñeiro e en 1927 mercou o seu propio aparello, un Caudron C.109.
PlusmarcasEditar
Nos anos seguintes bateu todos os récords femininos de aviación ata totalizar dez. En 1929 permaneceu no aire 26 horas e 46 minutos, o cal constituíu un novo récord feminino, ó ano seguinte bateu o seu propio récord ata deixalo en 37 horas e 55 minutos. En 1931 bateu o récord de distancia feminina establecendo en 2.976 km.
Morreu no decurso dun festival aéreo en Lión ó engalar cun prototipo do Noratlas 2500 que se estrelou.