Maryna Viazovska
Maryna Sergiivna Viazovska[1] (en ucraíno: Марина Сергіївна В'язовська),[2] nada en Kíiv o 2 de decembro de 1984,[3] é unha matemática ucraína coñecida polo seu traballo sobre o empaquetado de esferas. É profesora titular de teoría de números na Cátedra do Instituto de Matemáticas da École Polytechnique Fédérale de Lausana (Suíza).[4] Foi galardoada coa medalla Fields en 2022.[5][6][7]
Traxectoria
editarComo estudante da Universidade de Kíiv, Viazovska participou no Concurso Internacional de Matemáticas para estudantes universitarios en 2002, 2003, 2004 e 2005, e foi unha das primeiras gañadoras en 2002 e 2005.[8]
Carreira académica
editarViazovska obtivo o primeiro posgrao científico Candidate of Sciences do Instituto de Matemáticas da Academia Nacional de Ciencias de Ucraína en 2010,[9] e un doutoramento (Dr. rer. nat.) na Universidade de Bonn en 2013. A súa tese de doutoramento refírese á teoría analítica de números e foi supervisada por Don Zagier e Werner Müller. Foi investigadora posdoutoral na Escola de Matemáticas de Berlín e na Universidade Humboldt de Berlín.[10]
En 2016 resolveu o problema de empaquetamento da esfera na dimensión 8 e, en colaboración con outros, dentro da dimensión 24.[10][11] Anteriormente, o problema só se resolvera para tres ou menos dimensións, e a proba da versión tridimensional (a conxectura de Kepler) implicaba longos cálculos informáticos. Pola contra, a proba de Viazovska para 8 e 24 dimensións é "sorprendentemente sinxela".[10]
Así como polo seu traballo sobre o empaquetado de esferas, Viazovska tamén é coñecida polas súas investigacións sobre deseños esféricos con Bondarenko e Radchenko. Con eles demostrou a conxectura de Korevaar e Meyers sobre a existencia de pequenos deseños en dimensións arbitrarias. Este resultado foi unha das contribucións polas que o seu coautor Andriy Bondarenko gañou o Premio Vasil A. Popov de teoría da aproximación en 2013.[12]
Gañou a Medalla Fields no ano 2022, outorgada pola International Mathematical Union, polo seu traballo sobre o empaquetamento de esferas na dimensión 8 e por outras contribucións aos problemas de interpolación na análise de Fourier.[13] É a segunda muller despois de Maryam Mirzakhani, que gaña esta medalla.[7][14]
Selección de publicacións
editar- Bondarenko, Andriy; Radchenko, Danylo; Viazovska, Maryna (2013), «Optimal asymptotic bounds for spherical designs», Annals of Mathematics, Second Series 178 (2): 443-452, MR 3071504, arXiv:1009.4407, doi:10.4007/annals.2013.178.2.2
- Viazovska, Maryna (2017), «The sphere packing problem in dimension 8», Annals of Mathematics 185 (3): 991-1015, arXiv:1603.04246, doi:10.4007/annals.2017.185.3.7
- Cohn, Henry; Kumar, Abhinav; Miller, Stephen D.; Radchenko, Danylo; Viazovska, Maryna (2017), «The sphere packing problem in dimension 24», Annals of Mathematics 185 (3): 1017-1033, arXiv:1603.06518, doi:10.4007/annals.2017.185.3.8
- Cohn, Henry; Kumar, Abhinav; Miller, Stephen D.; Radchenko, Danylo; Viazovska, Maryna (2019), Universal optimality of the E8 and Leech lattices and interpolation formulas, Bibcode:2019arXiv190205438C, arXiv:1902.05438
Notas
editar- ↑ "List of participants - FM2009 Conference "Functional Methods in Approximation Theory and Operator Theory III, dedicated to the memory of V. K. Dzyadyk (1919-1998)"" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2017.
- ↑ "Каталоги - НБУВ Національна бібліотека України імені В. І. Вернадського" (en ucraíno). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "Maryna Viazovska - Deutsche Digitale Bibliothek" (en alemán). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ Testa, Andrea (2018-08-01). "Maryna Viazovska promoted to Full Professor" (en inglés). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "Fields Medals 2022".
- ↑ "Ukrainian Mathematician Maryna Viazovska Wins Fields Medal" (en inglés). 2022-07-05. Consultado o 2022-07-05.
- ↑ 7,0 7,1 Novo, Carmen; R., R: (5 de xullo de 2022). "La matemática ucraniana Maryna Viazovska, segunda mujer en ganar la Medalla Fieds". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ IMC official results: 2002, 2003, 2004, and 2005.
- ↑ "Вязовська М.С." (en ucraíno). Consultado o 1 de xullo de 2017.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Klarreich, Erica (2016-03-30). "Sphere Packing Solved in Higher Dimensions". Quanta Magazine (en inglés). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ Lisa Grossman. "New maths proof shows how to stack oranges in 24 dimensions". New Scientist (en inglés). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "IMI : Popov Prize: Previous Winners". web.archive.org. 2015-10-31. Archived from the original on 31 de outubro de 2015. Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "Ganadores de la Medalla Fields (2022)".
- ↑ "Una matemática ucraniana, entre los cuatro premiados con las medallas Fields". Agencia SINC (en castelán). Consultado o 2022-07-05.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina de Maryna Viazovska
- Klarreich, Erica (13 de maio de 2019). "Out of a Magic Math Function, One Solution to Rule Them All". Quanta Magazine. Consultado o 19 de maio de 2019.