Martinus van Marum
Martinus van Marum, nado en Delft, o 20 de marzo de 1750 e finado en Haarlem o 26 de decembro de 1837, foi un científico holandés que traballou en diferentes campos, entre os que destacan a medicina, a botánica, a xeoloxía, a química e a paleontoloxía. Porén, as súas maiores achegas foron no eido da física, e en particular na electricidade. É coñecido por desenvolver o gran xerador electroestático que leva o seu nome, aínda exposto no Museo Teyler, do cal foi director. Movido polas influencies da Ilustración e os acontecementos da Revolución Francesa,[1] levou a cabo unha gran cantidade de experimentos con el, e tamén descubriu o ozono ó xerar faíscas eléctricas no ar. Martinus van Marum posuía un vasto xardín botánico particular con multitude de plantas exóticas e contribuíu a estender a nova química de Antoine Laurent Lavoisier alén dos países francófonos.
Martinus van Marum | |
---|---|
Retrato de Martinus van Marum (c. 1826, Charles Howard Hodges). | |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de marzo de 1750 |
Lugar | Delft, Condado de Holanda |
Falecemento | 26 de decembro de 1837 (87 anos) |
Lugar | Haarlem, Reino Unido dos Países Baixos |
Nacionalidade | neelandés |
Actividade | |
Campo | Física, química e medicina |
Alma máter | Universidade de Groningen |
Director de tese | Petrus Camper |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Xerador electrostático de Van Marum Descubrimento do ozono |
Influído por | Petrus Camper Joseph Priestley Antoine Laurent Lavoisier Barthélemy Faujas de Saint-Fond |
Premios | membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Entre 1776 e 1780 practicou a medicina en Haarlem, onde tamén deu clases de filosofía e matemática na súa propia casa.[2][3] En 1776 foi nomeado membro da Sociedade de Ciencias e Humanidades de Holanda (Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen) e a partir do 21 de maio de 1777 presidiu o gabinete de historia natural desa entidade.[4]
Foi membro dun total de 37 sociedades científicas[5] e mantivo correspondencia cos homes máis influentes da súa época, como Benjamin Franklin, Henry Cavendish, Johann Wolfgang von Goethe, Antoine Laurent Lavoisier, Carl von Linné, John Dalton, Charles Hutton, Luigi Galvani ou Alessandro Volta, entre outros.[6] É considerado unha figura chave da ciencia neerlandesa.
NotasEditar
- ↑ Hosselet 1988, p. iii
- ↑ Clark 1999, p. 381
- ↑ Hosselet 1988, p. 3
- ↑ Complete Dictionary of Scientific Biography (2008). «Marum, Martin (Martinus) Van»
- ↑ Van Berkel, Van Helden & Palm 1999, p. 520
- ↑ Van Marum 1969, pp. 361-375
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martinus van Marum |
BibliografíaEditar
- Clark, William; Golinski, Jan e Schaffer, Simon (1999). The sciences in enlightened Europe (en inglés). University of Chicago Press. pp. 378–388. ISBN 9780226109404.
- Hackmann, W.D. (1971). "The Design of the Triboelectric Generators of Martinus van Marum, F.R.S. A Case History of the Interaction between England and Holland in the Field of Instrument Design in the Eighteenth Century" (PDF). Notes and Records of the Royal Society of London 26: 163–181.
- Hosselet, L.M.L.F. (1988). "Martinus van Marum: A Dutch Scientist in a Revolutionary Time". EUT Report-WSK. ISBN 90-6144-194-3. ISSN 0167-9708.