Martiño Maseda Lozano
poeta galego
Martiño Maseda Lozano, nado en Xoibán (Vilalba) o 28 de novembro de 1970, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1970 (53 anos) Xoibán, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarRealizou o primeiro ciclo da Licenciatura de Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Lugo, para completar o segundo ciclo na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en febreiro de 1994.
Tras traballar como axudante dunha industria cárnica é operario nunha empresa do sector lácteo. Exerce a actividade literaria e, ao tempo, é colaborador nun suplemento semanal do xornal El Progreso, no portal Galicia Dixital e tamén no xornal Sermos Galiza.
Obra
editarPoesía
editar- Nos labirintos da alma, 2011, Espiral Maior.
- Diario dun ser perdido, 2012, Instituto de Estudos Chairegos.
- Entre as paredes do silencio, 2013, Alvarellos.
- Fotogramas da desfeita, 2013, Instituto de Estudos Chairegos.
Obras colectivas
editar- Todo por unha teima e catro contos máis, 2000, Concello de Ourense/Agrupación de Libreiros.
- A endeble esencia, 2009, Concello de Lugo.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
editar- Segundo premio no Certame Xuventude-98 de Narración da Xunta de Galicia no 1998.
- Gañador no Concurso Ourense de Contos para a mocidade no 1999.
- Gañador do Premio de poesía O poeta azul de Ferrol no 2000.
- Terceiro Premio no Certame Ágora Conto no 2001.
- Primeiro Premio de Poesía Pedro Alonso Morgado de Huelva no 2003.
- Mención no IV Certame Ágora Conto no 2003.
- Premio no Certame Literario de Vilalba no 2005, por Diario dun ser perdido.
- Gañador do Certame de Narración Curta Ánxel Fole no 2009.
- Segundo premio de poesía do Certame Literario de Vilalba no 2010, por Nos labirintos da alma.
- Gañador do Certame de Narración Curta Ánxel Fole no 2011.
- Segundo premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Entre as paredes do silencio.
- Terceiro Premio no IV Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2015, por "A linguaxe das palabras rotas".
- Primeiro premio no VII Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro con Mapa de xeografía emocional.[1]
Notas
editar- ↑ "Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro". Portal da Lingua Galega. 17 de novembro de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018.