Marta Míguez

atleta e política galega

Marta Míguez Telle, nada en Louredo (Cortegada) o 3 de marzo de 1973 é unha política e atleta galega xa retirada, que competía na disciplina de lanzamento de xavelina.

Modelo:BiografíaMarta Míguez
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Louredo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, política Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de xavelina Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14260970 Editar o valor en Wikidata

Competición

editar

Competiu representando a España tanto nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, coma nos Xogos do Mediterráneo, no ano 2001 en Tunisia, e os Campionatos do Mundo de Atletismo do 2002 en Madrid

A súa mellor marca persoal é de 59,43 metros, acadada en xullo de 2001 en Valencia, que é ademais o récord galego da especialidade.

Unha vez retirada tivo actividade na xestión deportiva. Foi nomeada xerenta do Consello Municipal de Deportes de Ourense en 2002, posto que ocupou ata 2007, e unha década máis tarde, en 2016, foi nomeada Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a máxima autoridade política en materia de deporte en Galicia, en substitución de José Ramón Lete. A finais de 2018, Lete foi destituído no seu posto en Madrid e regresa a Galicia, o que motivou a destitución de Míguez[1].

  1. "José Ramón Lete releva a Marta Míguez y regresa a la Secretaría Xeral para o Deporte". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-11. Consultado o 2018-12-11. 

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.