Abrir o menú principal

José Ramón Lete

político español

José Ramón Lete Lasa, nado en Donostia o 31 de agosto de 1957, é un ex xogador de baloncesto e político do PPdeG, actual secretario de estado para o Deporte do goberno de España e presidente do Consello Superior de Deportes.

José Ramón Lete
Madrid rinde homenaje al campeón de motociclismo Ángel Nieto (11) - José Ramón Lete (cropped).jpg
Nacemento31 de agosto de 1947
 Donostia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Desde 1978 a 1990 formou parte como profesional do baloncesto dos equipos Estudiantes, CAI Zaragoza, Breogán Lugo, Obradoiro CAB e o Bosco de Vigo.

En 1988 foi nomeado Xefe do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. En 1994 Secretario Provincial do Servizo de Saúde de Pontevedra en Vigo da Consellería de Sanidade. En 1995 pasou a ser Inspector de servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública. En 1997 Director xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas, Ministerio da Presidencia do Goberno español. En 2003 volve a Galiza para ser, por primeira vez e baixo a presidencia de Manuel Fraga, Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En 2005 vai a Madrid como Subdirector xeral de Promoción Deportiva da Consellería de Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid, logo xa en 2007 é nomeado Director xeral de Deportes da Comunidade de Madrid.

En 2010, co triunfo electoral do PP nas eleccións galegas, ocupou de novo (por segunda vez) o cargo de Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os primeiros anos desta súa seguda etapa coincidiron coa desaparición da Selección galega de fútbol e mais do equipo ciclista Xacobeo Galicia. Renovou no seu cargo nos distintos gobernos de Alberto Núñez Feijoo ata finais de 2016, cando foi escollido por Íñigo Méndez de Vigo como novo secretario de estado para o Deporte, o cargo político de maior rango no mundo do deporte en España.

Lete permeneceu dous anos en Madrid, ata que a chegada ao poder de Pedro Sánchez provocou a súa destitución a finais de 2018. Foi substituído pola esquiadora María José Rienda. Semanas máis tarde foi nomeado de novo Secretario Xeral para o Deporte no goberno de Feijoo.