Mario Onaindia
Mario Onaindia Natxiondo, nado en Lekeitio o 13 de xaneiro de 1948, e finado en Vitoria o 31 de agosto de 2003, foi un escritor e político vasco. Membro de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos sesenta e, tras a súa escisión, de ETA (pm); máis tarde foi parlamentario vasco e dirixente de Euskadiko Ezkerra e, finalmente, senador polo Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE), federación vasca do PSOE.
Mario Onaindia | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Jon Lariz |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1948 |
Lugar de nacemento | Lekeitio |
Falecemento | 31 de agosto de 2003 |
Lugar de falecemento | Vitoria |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, novelista e escritor |
Cónxuxe | Esozi Leturiondo |
Premios | Medalla da Orde do mérito constitucional |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tamén destacou pola súa actividade na Fundación para a Liberdade, movemento cívico vasco a prol das liberdades e a democracia.[1] Como consecuencia da súa evolución política, foi considerado un "renegado" dende algúns sectores do nacionalismo vasco[2][3] e durante os seus últimos anos viviu con escolta pola ameaza terrorista de ETA.
NotasEditar
- ↑ Páxina web da Fundación para a Liberdade
- ↑ Antton Jauregizuria
- ↑ Iñaki Anasagasti
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |