Euskal Iraultzarako Alderdia
Euskal Iraultzarako Alderdia (EIA) foi un partido nacionalista vasco de esquerda que actuou entre 1977 e 1982. O partido foi fundado en abril de 1977 en Gallarta (Biscaia) despois da VII Asemblea Xeral de ETA, a súa ideoloxía combinaba o independentismo co socialismo, orixinalmente asumiu o marxismo-leninismo pero posteriormente asumiu o eurocomunismo. O seu secretario xeral era Mario Onaindia.
Euskal Iraultzarako Alderdia | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | partido político español ![]() | ||
Parte de | Koordinadora Abertzale Sozialista (en) ![]() ![]() | ||
Ideoloxía política | nacionalismo vasco ![]() | ||
Personalidades | |||
Secretario/a | Mario Onaindia (-) ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2 de abril de 1977 ![]() | ||
Disolución | xuño de 1981 ![]() | ||
[ Wikidata ] |
EIA coaligouse co Movemento Comunista de Euskadi nunha plataforma denominada Euskadiko Ezkerra que conseguiu un deputado no Congreso dos Deputados, Francisco Letamendia e outro no Senado, Juan María Bandrés. En Navarra a coalición denominouse Unión Navarra de Izquierdas. EIA desapareceu formalmente en 1982 cando EE se converteu nun partido político.