Mary Carrillo

actriz española
(Redirección desde «Mari Carrillo»)

María Carrillo Moreno, nada en Toledo o 13 de outubro de 1919 e finada en Madrid o 31 de xullo de 2009,[1] foi unha actriz española.

Infotaula de personaMary Carrillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Carrillo Moreno Editar o valor em Wikidata
14 de outubro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Toledo, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 2009 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAlzhéimer Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMary Carrillo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata - 2002 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPaloma Hurtado (pt) Traducir, Fernanda Hurtado (pt) Traducir, Teresa Hurtado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0140518 Allocine: 8045 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Mary Carrillo e a súa filla máis vella, Alicia, en 1943.

Considerada unha das grandes actrices da escena española do século XX, debutou en 1936 na compañía de Hortensia Gelabert, coa obra El juramento de la primorosa e posteriormente traballou na de Pepita Díaz e Manuel Collado (con quen interpretou Nuestra Natacha). Ao inicio da guerra civil marchou a México e estreou Prohibido suicidarse en primavera coa Compañía Díaz-Collado. Alí casou, con apenas dezasete anos, co actor Diego Hurtado Álvarez no Teatro Nacional de La Habana apadriñada por Alejandro Casona.[2][3]

De regreso a España, retomou a súa carreira teatral e realizou o filme Marianela (1940), de Benito Perojo, inspirado na novela homónima de Benito Pérez Galdós. Tras rodar outras tres longametraxes, apartouse da gran pantalla ata 1958.

No teatro, incorporouse primeiro á compañía de María Bassó e Nicolás Navarro e nos primeiros anos cincuenta entrou na Compañía Lope de Vega, dirixida por José Tamayo, onde interpretou algunhas das obras máis importantes do teatro español do Século de Ouro e outros títulos do teatro universal. Con La vida es sueño, viaxou a París e participou no I Festival de Teatro das Nacións (1954) e conseguiu o premio á mellor interpretación. Ese mesmo ano propuxo a Tamayo un texto que localizara Diego Hurtado, La Alondra, de Jean Anouilh. Tamén interpretó La florista de la reina, La santa hermandad e La santa virreina. Finalmente, en 1948 formou a súa propia compañía. Foi a actriz fetiche do director José Tamayo e do autor Antonio Gala. A súa calidade sobre o escenario demostrouna o feito de que Edward Albee, autor de Who's Afraid of Virginia Woolf?, cando a viu actuar en España xunto a Enrique Diosdado e dirixida por José Osuna quedou tan admirado que tratou de convencer a Metro de que a contratase para o filme, no papel que finalmente obtivo Elizabeth Taylor.[1]

En 1958 volveu ao cinema con El pisito, de Marco Ferreri. Nos anos seguintes sucedéronse unha serie de títulos notables, en que despregou a súa capacidade artística especialmente en rexistros dramáticos (El crimen de Cuenca, La colmena, Los santos inocentes), mais tamén en comedias (Entre tinieblas).

En 1982 triunfou con La enemiga, de Dario Niccodemi. Aos 81 anos escribiu as súas memorias (Sobre la vida y el escenario). Recibiu o Premio Nacional de Teatro en dúas ocasións (1949 e 1961), dúas medallas do Círculo de Escritores Cinematógraficos (mellor actriz por El pisito en 1959[4] e mellor actriz secundaria por La colmena en 1982[5]), o premio Ondas en 1969 como mellor actriz de televisión, o premio Goya á mellor actriz secundaria en 1995 por Más allá del jardín e o premio dea Unión de Actores en 1995 pola súa traxectoria profesional.

A súa última aparición sobre o escenario foi unha representación de Hora de visita, de José Luis Alonso de Santos. Retirada do teatro desde 1995, faleceu o 31 de xullo de 2009.[1] Nos últimos anos da súa vida padeceu a enfermidade de Alzheimer.

Vida persoal editar

Mary Carrillo tivo catro fillas con Diego Hurtado, entre elas as actrices e humoristas Paloma, Teresa e Fernanda Hurtado, coñecidas artisticamente como as Irmás Hurtado.[1] A máis vella das súas fillas, Alicia, non se dedicou ao medio artístico e traballou na sección de mantemento de avións da compañía Spantax.

Filmografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pérez, Nerea (31 de xullo de 2009). "Mary Carrillo, la más completa señora del teatro" (en castelán). El País. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  2. Madrid Diario
  3. "Fallece Mary Carrillo, una de las grandes actrices del siglo XX" (en castelán). Europa Sur. 1 de agosto de 2009. Consultado o 4 de agosto de 2009. 
  4. "Premios del CEC a la producción española de 1959". CEC. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  5. "Premios del CEC a la producción española de 1982". CEC. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de febreiro de 2019.