Margarita Mariscal de Gante

Margarita Mariscal de Gante y Mirón, nada en Madrid o 10 de xaneiro de 1954, é unha política e xurista española, ministra de Xustiza no primeiro goberno de José María Aznar, sendo a primeira muller que se puxo á fronte desta carteira en España.

Infotaula de personaMargarita Mariscal de Gante

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Margarita Mariscal de Gante Mirón Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
28 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Albacete (en) Traducir

Ministro de Xustiza de España
6 de maio de 1996 – 27 de abril de 2000
← Juan Alberto BellochÁngel Acebes (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , xuíza , xurista , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJaime Mariscal de Gante (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mariscal de Gante naceu en 1954, filla de Jaime Mariscal de Ghent, xuíz do Tribunal de Orde Público creado na España franquista. O irmán deste xuíz, o inspector Mariscal de Gante, foi tamén coñecido por convidar a Antonio González Pacheco, alias "Billy el Niño", a participar nunha celebración nunha comisaría de Madrid.[1][2]

Mariscal de Gante estudou dereito[3] na Universidade Complutense de Madrid, e en 1980 ingresou na carreira xudicial, ocupando unha praza no xulgado de Aguilar de la Frontera (Córdoba), e posteriormente de Aranjuez.[3] En 1986 foi nomeada maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia de Madrid, e o 6 de novembro de 1990, converteuse na primeira muller vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Coa vitoria do Partido Popular nas eleccións xerais de 1996 foi nomeada ministra de Xustiza por parte de José María Aznar na formación do seu primeiro goberno,[3][4] cargo que desenvolveu ata o final da lexislatura.[4][5]

Nas eleccións xerais do ano 2000 foi elixida deputada ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Albacete.[1] Dende abril de 2002 a xaneiro de 2004 foi vicepresidenta primeira da Mesa do Congreso.[5] Dende o 23 de xullo de 2012 é membro do Tribunal de Contas, elixida por parte do Senado.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Mariscal de Gante Mirón, Margarita". Congress of Deputies. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  2. La Policía cierra sin castigo la investigación al mando que invitó a Billy el Niño a su comisaría (en castelán)
  3. 3,0 3,1 3,2 "Magistral conservadora". El Pais. 5 de maio de 1996. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Spanish ministries". Rulers. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 "Spain Ministers". Women Guide. Consultado o 5 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Juan Alberto Belloch
  
Ministro de Xustiza de España
 
1996 - 2000
Sucesor:
Ángel Acebes