Antonio González Pacheco

ex policía franquista

Antonio González Pacheco, nado en Aldea del Cano (provincia de Cáceres) o 10 de outubro de 1946 e finado o 7 de maio de 2020,[1] foi un ex-policía español, máis coñecido polo seu alcume Billy el Niño.[2]

Infotaula de personaAntonio González Pacheco
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Aldea del Cano, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de maio de 2020 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía , militar , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou como funcionario en prácticas por oposición o 1 de setembro de 1969[3]. Tres meses despois xa era subinspector segundo do Corpo Superior da Policía Española, da Brigada Político Social. En xullo de 1977 o ministro da Gobernación Rodolfo Martín Villa concedeulle a medalla de prata ao Mérito Policial polos servizos prestados. Está acusado de malos tratos e torturas a detidos[Cómpre referencia].

Foi denunciado por ducias de detidos e interrogados sendo condenado a pagar dúas multas polas lesións a Enrique Aguilar Benítez de Lugo e pola detención de Paco Lobatón.

Entre as súas vítimas están:[4]

En 1984, pediu a excedencia do Corpo Nacional de Policía e pasou a ser xefe de seguridade da fábrica de Barreiros en Villaverde, Madrid.

Denuncia na Arxentina editar

Foi denunciado na Arxentina por José María Galante Serrano, Miguel Ángel Gómez Álvarez, Andoni Arrizabalaga, Antonia Hernández, Francisca Villar del Sanz, Luis Suárez Carreño, Silvia Carretero, Acacio Puig, Alfredo Rodríguez, Antonio Chapera, Felisa Echegoyen, Francisco José Fernández e Jesús Rodríguez acusado de torturas e pedida a súa extradición para ser xulgado alí.[5]

Recoñecementos editar

Fóronlle concedidas catro medallas polos servizos prestados na Policía.[6][7] que lle supoñen cobrar un 50% máis de pensión.

  • Medalla con distintivo vermello e un incremento dun 10% da pensión, concedida polo Goberno franquista o 20 de xullo de 1972.
  • Medalla de prata ao Mérito Policial con distintivo branco, 13 de xuño de 1977 sendo ministro Rodolfo Martín Villa pola liberación do xeneral Villaescusa, secuestrado polos GRAPO[8] cunha suba na pensión do 15%.
  • Cruz con distintivo Vermello, 10 de outubro de 1980. Suba do 10%
  • Medalla de Prata ao Mérito Policial, 30 de marzo de 1982 concedida por Juan José Rosón para toda a Brigada de Información, incremento da pensión do 15%

En xullo de 1979, antes de ter que declarar no xuízo polos asasinatos dos avogados de Atocha, foi homenaxeado nunha cea por un cento de policías.

En setembro de 2018 anunciouse que lle serían retiradas as condecoracións e os suplementos da pensión.[9]

Notas editar