Abrir o menú principal

Margarita Astray

(Redirixido desde "Margarita Astray Reguera")

Margarita Astray Reguera, nada en Ourense en 1885 e finada en Madrid en abril de 1936, foi unha escritora en lingua castelá e pianista galega.

Margarita Astray
Nacemento1885
 Ourense
Falecementoabril de 1936
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e pianista
Margarita Astray Reguera, firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Educada en Madrid, casou aos dezaoito anos de idade con Salvador Luccini Corcuera, enxeñeiro agrónomo, tivo un fillo e enviuvou moi nova. Deu concertos nas Illas Baleares, Italia, Suíza, Francia, Inglaterra e Portugal e fixou residencia en París.

De volta en España, deixou a actividade musical para dedicarse á literaria. Colaborou en Heraldo de Madrid, Marineda (A Coruña),[1] La Tribuna (Madrid), Pictorial Review (Nova York), La Ilustración Artística (Barcelona), La Ilustración Española y Americana (Madrid), Ideales (Madrid) revista que fundou e dirixiu, Blanco y Negro (Madrid) e ABC (Madrid).

 
Otro beso, 1920.

Volveu casar, con Enrique Loup.[2]

ObrasEditar

  • Otro beso, 1920.[3]
  • Hacia el ocaso: evocación narrativa, 1921.[4]
  • Pasión de moro, 1925.
  • Santiña, inédita.[5]
  • Una mujer...,[6] despois retitulada Alma de mujer, inédita.

NotasEditar

  1. Hemeroteca da Real Academia Galega.
  2. Necrolóxica ABC, 15/4/1936 (en castelán).
  3. Obra teatral estreada en Bahía Blanca, Arxentina, o 17/7/1920, e publicada en Madrid o mesmo ano. A acción transcorre na Primeira guerra mundial en Madrid e Vigo.
  4. Publicada no n.º 4 da revista mensual Ideales.
  5. Comedia en prosa de tres actos. Estreada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña en outubro de 1936. Unicamente se conserva unha copia mecanografada no Institut del Teatre de Barcelona.
  6. Estreada en Andalucía en 1933.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar