Marcial Lores
Marcial Lores García, nado na Coruña en 1870 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 1931,[1] foi un tipógrafo, xornalista e sindicalista galego.
Marcial Lores | |
---|---|
Nacemento | 1870 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 4 de xullo de 1931 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | tipógrafo, xornalista e sindicalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Tipógrafo de profesión, integrouse no grupo "Ni Dios ni Amo" e foi editor da segunda época de El Corsario. Fundou con José Sanjurjo Rodríguez a Sociedad Cooperativa de Obreros en 1897 para producir pan a baixo prezo. En 1903 presidiu a Asociación Tipografica e o Centro de Estudios Sociales Germinal. En 1904 encabezou La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento e en 1906 foi un dos representantes obreiros que asinou coa patronal o primeiro convenio colectivo da Coruña. En 1907 foi a Cuba para unha xira de propaganda, pero foi devolto case que de inmediato. Colaborou en La Emancipación, Germinal, La Acción e Natura. Escribiu dous ensaios: Consecuencias del Estado (1896) e Creencia y Ciencia (1905).
Casou con Antolina Taboada e foi pai de Julio Lores Taboada.
Notas editar
- ↑ La Voz de Galicia, 5-7-1931, p. 4, 7.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 161–162. ISBN 84-87783-79-1.