La Emancipación (1900)

La Emancipación foi un periódico editado na Coruña entre 1900 e 1903.

La Emancipación
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Apareceu o 1 de maio de 1900 como voceiro da Sociedad de Carpinteros La Emancipación Social de carácter libertario. De carácter mensual, estaba dirixido por Juan Antelo. En maio de 1901 foi suspendido coa represión gobernamental polos sucesos da folga de consumeiros. Reapareceu en setembro de 1902 e como voceiro do conxunto das sociedades de resistencia da cidade, integrándose nel José Sanjurjo Rodríguez como representante dos xastres.[1] Nesta segunda etapa converteuse en semanario. Cesou a súa publicación en abril de 1903.

Notas editar

  1. El Noroeste, 6-7-1902, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar