La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento
La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento foi unha institución cultural fundada en 1896 na Coruña.
La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento | |
---|---|
Tipo | institución cultural |
Data de fundación | 1896 |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarConstituíuse a finais de 1896 e xurdiu coa finalidade de "favorecer el desarrollo de las ideas librepensadoras, difundiendo la instrucción integral y laica". Foi impulsada por elementos republicanos como Eduardo López Budén e José Arias Díaz e simpatizantes anarquistas. Sostivo unha escola laica vencellada á figura do mestre racionalista Constancio Romeo de 1898 a 1922. A escola foi pechada en 1909 por mor da Semana Tráxica de Barcelona, mais abriu pouco despois co nome de Colexio Laico Froebel.[1]
Na II República tiveron moito eco os actos anticlericais e a prol da incautación dos bens das Ordes relixiosas organizados conxuntamente co Centro de Estudios Sociales Germinal.
Notas
editar- ↑ Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 30. ISBN 84-87783-79-1.