El Corsario foi un semanario de tendencia libertaria editado na Coruña entre os anos 1890 e 1908.

El Corsario
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Tivo tres etapas diferenciadas.

Primeira etapa

editar

Subtitulado Periódico semanal. Órgano de la Federación Coruñesa, apareceu en 1890. Actuou como voceiro anarco-colectivista da Federación Local Obrera e contou coa colaboración de Juan Antelo e Antonio Vidal Villanueva que tamén foi o seu director. Publicou 212 números e cesou a súa edición en 1893.

Segunda etapa

editar

Na segunda etapa, que comezou en 1893, vinculouse ao grupo anarquista Ni Dios ni Amo e dirixírono conxuntamente José Sanjurjo Rodríguez e o tipógrafo Marcial Lores, coa colaboración de Juan Dopico e Soledad Gustavo. Foi o único voceiro anarquista en activo en todo o Estado. Os editores do periódico acometeron unha intensa actividade editorial coa publicación, entre 1893 e 1897, dunha vintena de folletos de autores libertarios na denominada Biblioteca de El Corsario, iniciativa na que contaron coa axuda de dous anarquistas cataláns, Frederic Urales e Josep Prat. Só se publicaron 34 números, tivo numerosas suspensións gobernativas que determinaron a súa desaparición e a súa efémera substitución por El Produtor en 1896, como consecuencia da campaña emprendida polos anarquistas herculinos contra a Guerra de Cuba e a prol da súa independencia.

Terceira etapa

editar

A terceira etapa comezou en 1903, continuou como voceiro anarquista e contou coa colaboración de Juan Nó Iglesias. Rematou en 1908.

Fondos

editar

Unha colección incompleta do periódico pódese atopar no Internationaal Instituut voor Sociale Geschiedenis (Instituto Internacional de Historia Social) de Ámsterdan.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar