La Acción (A Coruña)

La Acción foi un periódico editado na Coruña en 1908.

La Acción
Fundación11 de novembro de 1908
Remata1908
TendenciaAnarquista
LocalidadeA Coruña
PeriodicidadeQuincenal
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Quincenario anarquista, apareceu o 11 de novembro de 1908[1]. No seu Grupo editor figuraban Benito Cadavid, Marcial Lores, José Sanjurjo Rodríguez, Julio Creo e Ricardo Cotelo. Cunha tiraxe de 1.000 a 1.500 exemplares, saíron unicamente tres números. Desapareceu ao faltarlle o apoio económico das sociedades obreiras coruñesas, afogadas polas folgas.

  1. Noticia en El Noroeste, 12-11-1908, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar