Marcelino Calviño Pato

carpinteiro e sindicalista galego

Marcelino Calviño Pato, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaMarcelino Calviño Pato
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Instalado na Coruña como carpinteiro. Membro da Sección de carpinteiros do ramo da construción da CNT e da FAI. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e formou parte dunha rede clandestina de militantes confederais. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar o 30 de outubro xunto con José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Jesús López Casado, Felisardo Brandariz Souto, Manuel Lantes Fernández, Juan Aguiar Brandariz, Juan Couso Martín e Roberto Seoane Ferreiro,[1] e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938 xunto con Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.[2][3]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 31-10-1937, p. 3.
  2. El Compostelano, 10-3-1938, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 11-3-1938, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar