Jaime Baella

sindicalista e político catalán
(Redirección desde «Jaime Baella Pérez»)

Jaime Baella Pérez, nado en Barcelona en 1892 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un sindicalista e político catalán residente en Galicia.

Modelo:BiografíaJaime Baella
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1938 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3794

Traxectoria

editar

Anarcosindicalista de orixe catalá que foi expulsado de Cuba a comezos da década dos trinta. Foi perseguido en Valencia pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 e recalou na Coruña. Camareiro de profesión, participou na directiva sindical do oficio. Formou parte do Comité da Confederación Rexional Galaica a partir de 1935 e dirixiu Solidaridad.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e formou parte dunha rede clandestina de militantes confederais. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar o 30 de outubro xunto con José Brandariz Ramos, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado, Felisardo Brandariz Souto, Manuel Lantes Fernández, Juan Aguiar Brandariz, Juan Couso Martín e Roberto Seoane Ferreiro,[1] e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938 xunto con Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.[2][3]

  1. La Voz de Galicia, 31-10-1937, p. 3.
  2. El Compostelano, 10-3-1938, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 11-3-1938, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lamela, Luis (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Do Castro. p. 144.