Mar adiante
Mar adiante é unha obra narrativa de María Victoria Moreno, publicada por Ediciós do Castro en 1973, subtitulada Historias de nenos pra nenos. Fixo as ilustracións do libro a autora e a cuberta Carmen Arias.
Mar adiante | |
---|---|
O debuxo dun bote ilustrou a tapa da ed. orixinal.[1] | |
Título orixinal | Mar adiante. Historias de nenos pra nenos |
Autor/a | María Victoria Moreno |
Ilustrador/a | María Victoria Moreno (ed. orixinal) Araceli Liste (Ed. do Castro, 1986) Manolo Uhía (Xerais, 2009) |
Cuberta | Carmen Arias |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Ediciós do Castro |
Data de pub. | 1973 |
Páxinas | 61 |
ISBN | ISBN 84-300-5745-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Con esta primeira obra súa, a profesora converteuse nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo; e tamén é pioneira en introducir nenas protagonistas [2]. "Crarisa e o luceiro" -capítulo VII deste libro- gañou o segundo premio (dotado con 3.500 pesetas) do Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1972.[3] A obra remata cun vocabulario galego-castelán para mellor entender o texto.
A pesar de que todas as historias do libro teñen un nexo común -o barco escola que parte de Portosouril- poden verse como historias diferentes[4]. A idea principal é que o ensino pode cambiar, a escola debe basearse na observación e na experiencia integrando a realidade dos nenos e nenas.
Na lapela do libro comenta Xesús Alonso Montero: "pra compor estes contos infantiles, María Victoria botóu mau de personaxes moi coñecidos neste xénero de historias: nenos, vermes, mariñeiros, estrelas, gaivotas, ventos, lobos, peixes, etc".
Trama
editarUnha mestra conta en primeira persoa que traballou nun colexio moi grande nunha gran cidade e que unha vez a chamaron para poñer escola nun barco, o Arroás. Ao volver ao colexio non lle creron o do barco, por iso escribiu a historia "pra vosoutros, rapaces".[5]
Miguel é un vello mariñeiro que aprendeu a facer barcos en Portosouril. Fixo moitos e tamén o ARROÁS, que na varanda poñía en letras azuis "ESCOLA" para que os nenos non choren na escola, para que saiban que as gaivotas non comen nenos e para que aprendan que o mar é o máis fermoso do mundo. A cousa viña de que o mestre, ao non saberen a táboa do sete, dixéralles que se ao día seguinte non a sabían irían todos ao mar cos libros amarrados ao pescozo e os comerían as gaivotas e os peixes.
“ | Decíalle a leiteira a Mariquiña: |
” |
Miguel non quixo deixar o barco na man da rapazada e trouxo o capitán Xosé Luís e os mariñeiros Suso (poeta), Xaime (debuxante) e Tino (amigo das estrelas). A cociñeira era Lola quen fixo unha poesía para axudar a que se erguesen da cama os nenos.[9]
Parte o Arroás, deixa atrás a aldea e lémbrase a historia dun naufraxio de cando Xosé do Outeiro, chamado don Anaco:
- Don Anaco, home malvado,
- por non dar acougo ós pobres
- o sol fuxiu do teu lado[10]
Os nenos contan contos e vai ser Sara quen fale de Mariquiña e o lobo: as xentes da comarca ó saberen esta historia comezaron a tratar os lobos con máis respecto.
Cambia o tempo, os tripulantes cantan cancións, dialogan cos paxaros e estes contan as súas historias.
Mirando para o Luceiro, Tino cóntalles aos nenos a historia dos vagalumes, os da terra e os do ceo.
É véspera de Nadal. Como facer a árbore? Lola camiña sobre a auga e vai traendo materiais para montala. Logo queda durmida e xa non esperta e os nenos pensan agasallos para ela.
O barco volve a terra, a mestra ao seu colexio, os nenos foron contarlle ao mestre que as gaivotas non comen nenos e Lola ficou no mar: Se vós queredes atopala, procurade no ronsel da lúa e veredes unha velliña delgada e souril camiñando sobor da iauga.[11]
Personaxes
editarComa noutros libros seus, a autora coloca nomes de persoas achegadas no relato.
Xosé Luís é o nome do seu marido. Suso, o poeta, semella ser o seu amigo Xesús Rábade Paredes. Lola, a cociñeira, fai referencia á señora que traballaba no bar que estaba debaixo da súa vivenda. Nos nenos e nenas da escola están os nomes dos fillos do seu amigo Xesús Alonso Montero.[12]
Notas
editar- ↑ Imaxe da portada
- ↑ Ríos, Eli (2016). Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno. Urco Editora. ISBN 9-788416-121632.
- ↑ "O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno…". RAG. 17/6/2017.
- ↑ Pena Presas, Montse (2018). A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. Galaxia. p. 56-59. ISBN 978-84-9151-156-4.
- ↑ Moreno 1973, p. 6.
- ↑ garabelo*: trampa de ferro para cazar ratas e ratos. garamelo.
- ↑ turdio*: malévolo, traidor.
- ↑ arripiolar*: botar a correr por medo.
- ↑ Moreno 1973, p. 13.
- ↑ Moreno 1973, p. 19.
- ↑ Moreno 1973, p. 55.
- ↑ Pena Presas 2018, p. 59.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
- Moreno, María Victoria (1973). Mar adiante. Ediciós do Castro. ISBN 84-300-5745-5.
- María Victoria Moreno, unha ollada a través dos seus libros (PDF). Xunta de Galicia. Abril de 2018.