María Osorio
María Osorio López, nada en Becerreá,[1] é unha activista e independentista galega. En 2013, foi condenada a 7 anos, 9 meses e 1 día de cárcere acusada de pertencer á organización Resistência Galega e por falsificación de documentos. Estivo en busca e captura até que foi detida en Ponferrada o 15 de xuño de 2014.[2] Saíu do cárcere de Mansilla de las Mulas (na provincia de León) o 6 de setembro de 2018 logo de pasar case 6 anos presa.[3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Becerreá, España |
Actividade | |
Ocupación | activista |
Membro de | |
Traxectoria
editarEn xuño de 2013, María Osorio foi acusada, xunto a Roberto Rodríguez Fialhega, Antom Santos Peres e Eduardo Vigo Domingues a pertencer á organización terrorista Resistencia Galega e por falsificación de documentos.[3] A Audiencia Nacional condenouna, xunto a Antom Santos, a 10 anos de cárcere. A sentenza foi recurrida pola defensa perante o Tribunal Supremo, que reduciu a condena a sete anos e nove meses. O Tribunal concluíu que Santos e Osorio formaban parte da estrutura organizativa do independentismo radical galego. Osorio evadiu o cárcere e estivo en busca e captura pola Policía Nacional dende o 12 de maio de 2014. O 7 de xuño de 2014, participou nun acto en Santiago de Compostela a través de videoconferencia pública. Unha semana despois deste acto, foi detida pola Garda Civil en Ponferrada o 15 de xuño de 2014.[5]
Durante a súa estadía no cárcere recibiu a visita da eurodeputada Lidia Senra de Alternativa Galega de Esquerda, quen denunciou a dispersión dos presos independentistas galegos.[3]
Notas
editar- ↑ "María Osorio, condenada de Resistencia, seguirá escondida". La Región. 9 de xuño de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2023.
- ↑ elnortedecastilla.es, ed. (15 de xuño de 2023). "Detienen en Ponferrada a la activista de Resistencia Galega María Osorio". Consultado o 26 de novembro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "María Osório, condenada por pertenencia a Resistencia Galega, saldrá de la cárcel este jueves tras casi 6 años presa". El Correo Gallego. 5 de setembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2023.
- ↑ "A independentista galega María Osório, en liberdade após seis anos no cárcere". Galicia Confidencial. 7 de setembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2023.
- ↑ "Detenida en Ponferrada la integrante de Resistencia Galega María Osorio". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2023.