María Concepción Álvarez Álvarez

política galega

María Concepción Álvarez Álvarez, coñecida como María das Auroras, nada na Guarda o 7 de outubro de 1898, foi unha política galega.

Infotaula de personaMaría Concepción Álvarez Álvarez
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1898 Editar o valor em Wikidata (125 anos)
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMaría das Auroras Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Manuel Álvarez e Aurora Álvarez. Traballou no negocio familiar Funerarias La Fe, unha funeraria que regalou caixas a quen non podía pagalas en 1936, canda a súa nai, Aurora, e a súa cuñada María González Zarandón. Actriz dos cadros de declamación da Guarda, agrarista, sindicalista da Federación Local Obreira de CNT, nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera participou na fundación da Agrupación Republicana da Guarda. Á chegada da II República era unha das referencias políticas, encabezando como abandeirada a manifestación do 1º de maio de 1931 na vila. Foi dirixente do Ateneo de Divulgación Social, vencellada a CNT, presidida por Eduardo Pantaleón Saúl.[1] Militou no Partido Galeguista. O 18 de marzo de 1936, canda Xoán Noya, Manuel Noya, Brasilino Álvarez, Nemesio Álvarez, Lola Domínguez Pacheco e Esmeralda Domínguez Baz, participou na fundación da sección local do PG.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida nos primeiros momentos da entrada das tropas na Guarda o 27 de xullo. Presa durante varios días, foi obrigada a tomar aceite de rícino, rapada ao cero nun acto celebrado na praza do Reloxo e obrigada a non cubrise co fin de humillala. Foi desterrada durante uns meses a Salvaterra de Miño. De volta á Guarda, canda a súa nai e a súa cuñada, abriu a súa casa a outras vítimas da represión, acollendo nela a Manuela Baz Domínguez, viúva de Antonio Domínguez Pacheco, e o fillo de ambos Antonio Amado Domínguez Baz; tamén acolleu a Josefa García Segret.

Recoñecementos editar

Foi homenaxeada polas Assembleias Abertas Independentistas no Dia da Galiza combatente de 2023.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar