Beatriz Molinos

política galega
(Redirección desde «María Beatriz Molinos Vidal»)

María Beatriz Molinos Vidal, nada en Fontenlos (Entíns, Outes) en 1964[1] é unha aparelladora e política galega, exalcaldesa de Outes.

Infotaula de personaBeatriz Molinos
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Fontenlos, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Outes
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , aparellador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Nas eleccións municipais de 2015 figurou na candidatura do Partido Popular de Galicia ao concello. Foi elixida concelleira e ocupou a concellería de Facenda. En agosto de 2016 accedeu á alcaldía logo da renuncia de Carlos López Crespo, o alcalde anterior, que levaba 21 anos no cargo e que concorreu nas listas do Partido Popular nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi derrotada por Compromiso Outes, sendo relevada na alcaldía por Manuel González López. Nese mandato foi deputada provincial ata xullo de 2021. Nas municipais de 2023 foi número 5 da candidatura do PPdeG e foi elixida concelleira, se ben o seu grupo non logrou recuperala alcaldía.


Predecesor:
Carlos López Crespo
  
Alcaldesa de Outes
 
2016 - 2019
Sucesor:
Manuel González López

Notas editar