Carlos López Crespo

político galego

Carlos Enrique López Crespo, nado en Coirós en 1949 e finado en Outes o 21 de maio de 2018[1], foi un político galego do PPdeG.

Carlos López Crespo
Nacemento1949
Lugar de nacementoCoirós
Falecemento20 de maio de 2018
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e catedrático
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Pedagoxía, foi profesor de matemáticas no IES Poeta Añón de Outes. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Outes, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta[2], sendo deputado provincial entre 1999 e 2007. En agosto de 2016 presenta a súa renuncia a continuar como alcalde para formar parte da candidatura do PP ás eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, figurando no posto número 11 pola provincia da Coruña.[3] Foi elixido deputado.


Predecesor:
Gonzalo Pérez Villaverde
  
Alcalde de Outes
 
1995 - 2016
Sucesor:
María Beatriz Molinos Vidal

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar